sábado, 30 de marzo de 2019

29 de Marzo

Xa están listas novas lecturas para ser lidas 

Aproxímanse datas con moitas horas disponibles para gozar da mellor compañía: un libro
Xa sexa de interés científico ou un cómic, non olvidedes ler algo cada día
Votádelle unha ollada aos exemplares que estes días irán enchendo a mesa expositora. 
E si non atopades o de voso agrado, ollade tamén as suxerencias que, como sempre, vos faremos  aquí nos próximos días. 

Non esquezades que, si ler é tan importante, tamén o será o modo de facelo: a lectura require atención, as veces concentración, as veces nos leva á reflexión... Ler é algo máis que pasar a vista por riba das letras. Cada tipo de lectura é diferente (non é o mesmo ler un cómic que ler un libro didáctico). Por iso, para que a lectura sexa productiva, debedes buscar o lugar adecuado e o ambiente óptimo para disfrutala en cada caso. 
E, sempre, pon atención ó que les. A lectura é a maior fonte de vocabulario e a mellor forma de aprender a ortografía
Non desperdiciedes a oportunidade de enriquecelos e melloralos! 
Ánimo  e disfrutádea!!


27 de Marzo 

"A Reconquistiña". Recordando o valor dos nosos antepasados.

Para coñecer ben un pobo, hai que coñecer a súa historia. O alumnado de 4º non so a coñeceu na aula se non que a experimentou nas rúas.

Cada 28 de marzo, na "Reconquista", Vigo sale á rúa disposto a render tributo ao valor dos seus antepasados que, en 1809, movidos polo seu desexo de recuperar o que lle había sido usurpado,  enfrontáronse case sen armas ás tropas francesas parapetadas no interior das súas murallas

Coa expulsión das tropas francesas e "reconquista" da súa cidade, campesinos y mariñeiros vigueses gañaron o distintivo de vila  "fiel, leal y valerosa"  otorgado polo rey Fernando VII. 
imagen de La Voz de Galicia
Na "Reconquista" de  cada ano, os vigueses non teñen que enfrontarse en arduo combate a ninguén por recuperar nada,  pero igualmente loitan con frenesí para revalidar cada ano o título de "vigueses orgullosos do seu pasado e a súa cidade".
imagen de Faro de Vigo
O mesmo "orgullo" e ilusión  con que o alumnado de 4º tomou este mércores as rúas da cidade, para rememorar, tamén eles, esa importante xesta,  coa "Reconquistiña". Unha "Reconquista" á medida dos que no futuro tomarán o relevo de manter viva a insiginia da fidelidad e lealtad viguesa. 
As 10:30 da mañá, ataviados "á moda do 1800" e facendo soar os seus tambores, desplegáronse polas rúas do casco vello  conseguindo a atención de todos os transeúntes e disfrutando dunha xornada histórica, didáctica e moi divertida.

 Noraboa rapaces! 
Para os máis resabidos: 
Na vosa cidade podedes atopar un monumento erixido en memoria dos heroes da Reconquista de 1809. Saberiades dicir en qué importante plaza da cidade residiu e en cal reside na acutualidade dito monumento?

Se queredes saber máis sobre esta parte da historia da vosa cidade, sobre os protagonistas más recoñecidos (Bernardo Gonzáles del Valle "Cachamuiña", Vázquez Varela, Carolo...), cómo se desenvolveu, etc,  podedes visitar algunha destas páxinas:
https://vigopedia.com/2016/03/01/cuando-nos-hicimos-ciudad-fiel-leal-y-valerosa/
https://www.atlantico.net/articulo/vigo/desconocida-cuna-heroe/20150104012631454021.html
https://www.abc.es/viajar/destinos/espana/abci-reconquista-vigo-primera-localidad-europa-expulso-ejercito-napoleon-201804042158_noticia.html
https://www.farodevigo.es/cultura/2017/03/30/cinco-datos-historicos-conocias-reconquista/1651648.html


viernes, 29 de marzo de 2019

21 de Marzo

A poesía, chegou ó colexio para quedarse.O noso "Muro Poético"

Unha nova actividade para por a proba a cooperatividade do alumnado. 
Segundo a RAE, a poesia, é a manifestación da beleza ou do sentimento estético por medio da palabra. E, segundo os entendidos, a poesía mellora a vida do que a le e incrementa a súa sensibilidade, polo que se recomenda ler poesía con frecuencia. Cómo? Nós atopamos o mellor modo!:
Imos levantar un muro! 
Ya ocupan su lugar los primeros azulejos...el tuyo será el siguiente!
Pero non un muro que separa, diferenza, afasta, impide... senón un muro que Une!  Une ilusiónesforzo, alegría de colaborar...  Un muro para lelo xuntos!
A proposta é sentar a  base dun muro poético que terá  continuidade nos cursos posteriores
Ao mesmo tempo que se crea, obsérvarase a importancia de traballar en equipo e achegar o noso pequeno gran de area
Entre todos lograrémolo! 
O noso "Muro Poético", xa está en marcha  no rellano de 2º. 
Non esquezades incorporar as vosas creacións. 
Debedes darllas á profesora Pilar.
Ánimo!!!

21 de Marzo

Poesía Internacional no ambiente

Para celebrar o "Día Internacional da Poesía", gozamos no colexio dun peculiar Recital Internacional  de Poesía
As familias, poideron gozar das poesías que en diversos idiomas: galego, ínglés, francés, portugués e castelán, recitou o alumnado animando os momentos previos á entrada ao colexio e os minutos seguintes á  finalización das clases, mentres agardaban a saída dos seus fillos.
2ºA atreveuse cun poema portugués: "A minha mãe não me deixa ter "
e 5º E. P. recitou en castelán "Volverán las oscuras golondrinas" 

6ª A E. Infantil recita o poema galego "Quere o mar o que non ten"
y 6º E.P. da sus primeros pasos en francés con:  "Poésie c´est una sourire"

6ª B E. Infantil recita en galego "Plin, plan, plin"
4º E.P. se atreve con el poema inglés "Dreams"

Gracias aos tutores que colaboraron na procura da poesía en cada idioma. 
Parabéns pola vosa labor e gracias pola vosa constante colaboración


lunes, 25 de marzo de 2019

21 de Marzo

Día Internacional de la poesía.

Las nuevas obras de poesía han sido un éxito. 

No han hecho escala en el rincón expositor.

Eso es una buena noticia. ¡Significa que os han gustado!

Pero, no olvidéis que la poesía es buena para todos los momentos: los momentos tristes, los momentos nostálgicos, los momentos de euforia... todos los momentos y todos los días del año. De modo que, sea Marzo, Junio o Diciembre, acercaos a la estantería y elegid la adecuada. 
¡Ánimo! 
¡Leed poesía! 
¡Cread poesía!



20 de Marzo


O aeroporto ven á aula. Os avións aterrizan en 2º.

Moitos anos transcorreron desde que os veciños de Vigo, Lavadores y Mos, unidos por un interese común, (o progreso do seu pobo), fixeran realidade coas súas mans e o seu esforzo, o que a economía do momento non permitía: a creación dun aeroporto.
27 de abril de 1954  producíase un feito histórico: o primeiro avión, un DC-3 da compañía Iberia, procedente de Madrid, tomaba terra naquela pista creada por eles, quedando inaugurado Peinador. 
Desde ese intre, a súa transformación e o progreso da cidade de Vigo camiñaron da man.

Os alumnos de 2º recibiron unha visita moi especial para coñecer máis sobre este tema.
O pai do seu compañeiro Enrique, visitounos para ensinarlles moitas cousas interesantesas partes dun aeroporto, os tipos de avións, as profesións que se relacionan co aeropuerto, as medidas de seguridade... tamén lles trouxo un montón de maquetas de distintos avións
Foi unha charla moi bonita e moi didática

Moitas gracias, Alfonso, pola túa xenerosidade ao compartir con nós este tempo inesquecible!

Se queredes saber máis sobre a orixe de Peinador, proxectos previos, elección do emplazamento, o por qué do nome, etc. podedes acceder a estas páxinas: 


domingo, 24 de marzo de 2019

18 de Marzo

Para un Vigo Limpo e respectuoso co Medio Ambiente

Se algo gusta  atopar nunha cidade a calquera transeúnte, residente ou foráneo, por encima do seu patrimonio histórico ou a súa gran oferta cultural ou de lecer, é  a sensación  acolledora dos  seus cidadáns, a súa implicación na  orde e limpeza das súas rúas e o respecto polo seu medio ambiente.

É por iso que, este valente grupo de alumnos de 2ºB, (Marcos, Estela Ruth e Gabriela)  propúxose un loable obxectivo: lembrar a todos que se o medio ambiente incúmbenos a todos, o seu coidado e conservación,  ha de ser tamén, cousa de todos. 
Así llo fixeron saber a todos os seus compañeiros de 2º A. Cunha  profunda e elaborada exposición que abarcou, non só os coñecementos e importancia da Reciclaxe, senón os principios que todos debemos coñecer sobre o noso Medio Ambiente para poder interactuar correctamente con el.

Eles puxeron o gran
Esperemos que, entre todos, frutifique,  polo ben dá nosa cidade e ou seu contorno.
Bravo rapaces! Seguide así, informándonos  e concienciándonos a todos do importante que está en xogo.


lunes, 18 de marzo de 2019

15 de Marzo

Consumir o que necesitamos ou consumir todo o que vemos?

O Día do Consumidor, debería servir para facer unha profunda reflexión e un cambio de actitude a todos aqueles que, coas súas necesidades cubertas, caen na tentación de comprar todo aquilo que sae ao mercado, lles sexa útil ou non.  
Cal debería ser o criterio para realizar unha nova adquisición?
1. o feito de necesitar o produto porque nos resulta imprescindible?(o meu traballo ou a miña vida imprímeme a necesidade)
2. o feito de posuír máis prestacións que o que posuímos, aínda que non nos resulten totalmente imprescindibles?(a miña carencia de vontade créame a necesidade)
3. o feito de non quedarnos atrás respecto ao compañeiro ou ao veciño? (o meu ego créame a necesidade)
4. o feito de saír publicitado algo novo? (a publicidade créame a necesidade)
5.....
Que necesitamos, que desexamos, e, que nos fan necesitar ou desexar son 3 cousas totalmente distintas e só con espírito crítico e conciencia poderemos distinguilas. 

É importante distinguilas?

Aquí vos deixámos un interesante vídeo sobre consumismo, por se aínda non o vedes claro.
Podedes velo no seguinte enlace: 
https://youtu.be/rnmtVbmWTKc

Feliz Día do Consumidor todos os días, tomando as decisións máis axeitadas!

15 de Marzo

"Noticias  curiosas" na Biblioteca

Para rematar a Semana da Prensa, hoxe a profesora Pilar convidounos a unha sesión informativa moi divertida.
Compartindo as "noticias máis curiosas", as que máis nos chamaron a atención, enterámonos das noticias locais, nacionais e internacionais.
 Un modo ameno e divertido de saber o que ocorre no mundo.
Aquí vos deixamos un breve resumen das noticias compartidas.

Gracias  profesora Pilar, por esta amena sesión.
Sóubonos a pouco. Haberá que repetila pronto!!

domingo, 17 de marzo de 2019

13 de Marzo

Un Mundo de Noticias

Con motivo da Semana da Prensa Mundial, preparamos un especial "Rincón da Prensa" no que se pode analizar e comparar diversas publicacións de distintos países.


No mundo enteiro, a prensa é o eco da vida, o reflexo da sociedade e o medio de coñecer o que ocorre no contorno e en calquera punto do planeta.
Toda a prensa ten un mesmo obxectivo: informar do que ocorreu, está a ocorrer ou ven vai ocorrer. De modo que,mediante un texto informativo ou ben dun texto de opinión, un mundo de noticias de todo tipo enche as páxinas escritas dos xornais de todo o mundo. 
Esta semana, na Biblioteca,  rodeados dunha pequena mostra de exemplares de entre os más coñecidos: galegos, alemánsitalianos, franceses ou canadienses puidemos observar que todos buscan o mesmo: dar a noticia dun modo que chame a atención
A  diferenza máis remarcable é a do formato. Frente a  "La Voz de Galicia", "El País", o "Faro de Vigo" editados nun formato máis manexable "Die Welt", "The Daily Telegraph", "Le Monde", "Le Figaro", "Corriere della Sera", "National Post"... son editados nun formato extra grande que os fai moi pouco manexables, ainda que lles permite resaltar a noticia dando prioridade ás imaxes, nun tamaño moito maior.  

Si todavía non o visitastes, estades a tempo de ollar o modo no que noutros países se relata o que ocorre no mundo.
 
 No mesmo rincón, tedes unha pequena sipnosis sobre a fundación, obxectivos e recorrido pola historia do periódico vigués: o Faro de Vigo. Non podía faltar! 

Para máis información interesante, non esquezades que podedes consultar algunha páxina como:



12 de Marzo

Faro de Vigo. Decano da prensa Nacional.


Ejemplar Año 1
Na Semana da Prensa non podemos evitar o facer mención dun dos nosos orgullos:
posuír un xornal que pasea o nome da cidade olívica alá onde un exemplar se venda, e que posúe a honra de ser o Decano da Prensa Nacional.
Desde que se imprimiu por primeira vez o 3 de Novembro de 1853  sendo Vigo aínda un pequeno pobo de pescadores, (pronto cumprirá 169 anos!), o seu obxectivo de loitar polo desenvolvemento da súa localidade cumpriuse con creces. Tal vez o segredo reside na súa principal característica: a Obxectividade.



Vigo en 1878 co yate Saint Michel III
de Julio Verne
Moitas foron as noticias publicadas desde os seus inicios. Desde visitas ilustres á cidade (o Rey Alfonso XIII e o Kaiser Guillermo II, Julio Verne...)  a acontecementos sorprendentes (a proba na Ría do minisubmarino de A. Sanjurjo Badía...). 

Moitos colaboradores célebres habituales: Álvaro Cunqueiro, Valentín Paz-Andrade, Manuel Curros Enríquez, Emilia Pardo Bazán, Gonzalo Torrente Ballester, ...


E, até contou tamén co máis popular vendedor : Manuel Castro. A súa curiosa sintonía entre o seu dedo índice e o vértice do xornal levouno primeiro un estudio de TVE para ser entrevistado, e á rúa Príncipe despois, para ser inmortalizado, engrosando coa súa imaxe a lista de iconos da cidade.

Convidámosvos a pasear coa vosa familia, buscar a súa escultura,  e compartir o momento, imitando a súa pericia, na exposición do voso rellano.

Podedes tentar  executar os seus malabares, como fai o voso compañeiro, para levalo xa practicado.

Se queredes coñecer máis datos moi interesantes da historia da vosa cidade a través das noticias de Faro de Vigo, ou sobre a historia do propio periódico, podedes acceder a algunha de estas páxinas:



11 de Marzo

A realidade entra na aula

Coñecemos a realidade
A Semana da Prensa na Escola instaurouse en España no curso 1988-1989 (hai xa 20 anos).
O obxectivo era, non só mellorar os índices de lectura, senón tamén servir de ligazón entre a escola e os acontecementos do mundo.
Opinamos 
Os xornais son algo así como un « libro de texto vivo», que mostra na aula o que ocorre no mundo real. E reunidos para falar e debater sobre as noticias, ofrécelles aos alumnos a oportunidade de desenvolver o seu sentido crítico e aprender a opinar con autonomía e pluralidade.

Compartimos gustos

Descubrimos


Debatimos 

Analizamos a realidade

Pomos en común as nosas opinións

8 de Marzo

Heroínas silenciosas. Grandes figuras na nosa vida.

Moito tempo transcorreu desde aquel 19  de marzo de 1911 en que Dinamarca, Alemaña, Austria e Suíza  decidisen celebrar por primeira vez o Día Internacional da Muller Traballadora. Moitos foron os países que se uniron desde entón á súa celebración. E moitos foron, tamén, os nomes de persoas destacadas en todos os campos, (Ciencia, Pintura, Literatura, Política, Historia…), os que saíron á luz desde que en 1975, as Nacións Unidas, decidisen institucionalizar o Día Internacional da Muller, en conmemoración da súa loita por participar na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.
As súas fazañas, proclámanse cada ano por todos os recunchos. Como homenaxe e, ao mesmo tempo, como exemplo para as novas xeracións.

Pero, hoxe, quixemos render homenaxe, tamén, a un grupo de heroínas moi especiais, cuxa pericia para converter o peor dos nosos días no día máis fermoso, non quedou rexistrado, (polo menos de momento), en ningún libro pero... si, na nosa retina e nos nosos corazóns
O seu esforzo silencioso, a súa entrega e o seu agarimo, van marcándonos, fortalecéndonos, modelándonos, axudándonos a converternos no que somos
alumnado de  homenaxeou dun modo moi especial a esa persoa ou persoas que para eles é un referente. Ninguén quedou no esquecemento: as mamás, as avoíñas (que desempeñan un papel tan importante na sociedade actual!), as tías, as curmás e mesmo as profesoras!, compartiron lugar de honra no taboleiro de 2º.
Nós, coa nosa alegría, a nosa actitude, o noso comportamento, o noso modo de ser, somos ese libro aberto ao público no que todos verán grabado o resultado do seu esforzo e da súa vida silenciosa.  

Para todas elas, a nosa homenaxe!

Moitas gracias por estar sempre ahí dando exemplo!

viernes, 8 de marzo de 2019

7 de Marzo

Galicia, cuna de heroínas silenciosas: 

  • Las "Schindler" gallegasLola, Amparo y Julia Touza
  • Las "heroínas de Sálvora". El "Titácnic gallego" : Cipriana Oujo, Josefa Parada y María
  • Isabel Zendal, la dama gallega de la Real Expedición Filantrópica de la Vacuna

Las "Schindler" gallegas

Como hiciera Oskar Schindler, el empresario alemán que salvó la vida de 1.200 judíos durante el Holocausto, "empleándolos" como trabajadores en sus fábricas, para evitarles así la muerte segura, 
hoy se sabe que 3 hermanas de Ribadavia  Lola, Amparo y Julia Touza,  salvaron igualmente la vida de muchos judíos, (unos 500), que llegaban a Galicia desde Francia huyendo de la misma muerte. De ahí el sobrenombre de "las Schindler gallegas".

La prensa, Faro de Vigo, El País, La Voz de GaliciaEl Mundo,  se hicieron eco de su gesta tras ser descubierta en el año 1974, cuando una de esas personas quiso darle las gracias por salvarle la vida



Certificad del árbol dedicado 
a Lola Touza en Israel
Los restos de Oskar Schindler descansan en el monte Sión en Jerusalén
Los restos de Lola Touza, no han viajado tan lejos, pero hay allí, en Israel, un árbol que la recuerda como benefactora.



En estos enlaces podéis encontrar más información
Cómo se descubrió su secreto tan bien guardado:

Más detalles sobre el cómo lo hacían:
Novela histórica de la estación de Ribadavia
donde "operaba" Lola Touza

De: Emilio Ruíz Barrachina

Desde entonces, su historia ha sido convertida en novela e incluso en película  con la ayuda de relatos de supervivientes de aquella época:





La dama gallega de la Real Expedición Filantrópica de la Vacuna: Isabel Zendal

La OMS ( Organización Mundial de la Salud), la considera la primera enfermera de la historia en misión internacional.

Era enfermera y rectora del Orfanato de la Caridad de la Coruña. Y durante los 10 años que duró la Expedición para llevar la vacuna de la viruela a los territorios españoles de Ultramar,  acompañó y cuidó a los 22 niños (de entre 3 y 9 años) que viajaron a América, y a los 26 que fueron a Filipinas, como portadores de la vacuna.
Esto ocurría en el año 1803, según el Decreto en el que figura su incorporación oficial a la Expedición. 

En estos enlaces podéis encontrar más información:

http://dbe.rah.es/biografias/52862/isabel-zendal-gomez

https://es.wikipedia.org/wiki/Isabel_Zendal_G%C3%B3mez