lunes, 9 de marzo de 2020

8  Marzo

Día Internacional da Muller.  Lecturas e música


Para finalizar o traballo realizado esta semana para conmemorar este día, no que as profesións, as tarefas diarias ou os " hobbies" non teñen xénero, lembrade que aínda quedan no expositor da Biblioteca algunhas obras que vos facilitan exemplos de personaxes históricos que marcaron un fito neste tema.

Aínda que, o máis claro exemplo a celebrar e encomiar, téñeno os nosos alumnos e alumnas na súa propia casa, na figura de nais, avoas, tías,... persoas que lles propoporcionan o mellor e máis convincente exemplo do importante que é o seu papel na sociedade... Nin máis importante nin menos importante que o dos pais, avós, tíos,... que lles apoian no esforzo por proporcionarlles o mellor da vida mentres os axudan a transformarse en cidadáns exemplares dun próximo mañá.

Non vos perdades as actividades previstas en relación a esta conmemoración, ao longo desta semana, pola Biblioteca.

A Profesora Pilar proporcionounos o seguinte enlace a un animado vídeo con pictogramas incorporados que podedes traballar na aula se vos interesa. Unha canción moi pegadiza, "Depende de los dos", creada polos centros CRA Alto Gállego y CEIP Puente Sardas para traballar a coeducación.



Bailádeo, cantádeo, disfrutádeo!


Gracias profesora Pilar por toda a información  e todas as novas proporcionadas para enriquecer os nosos coñecementos 
e poder trasmitilos, todos estes días e ao longo do curso!





No hay comentarios: