11 Marzo
Para coñecer máis sobre Galicia: unha visita ao "Entroido de Cobres"

Unha das moitas festas con gran arraigamento en Galicia é o Entroido.
O alumnado de 3º e 4º de E.Primaria puideron estudar e aprender moito sobre un dos entroidos máis peculiares de Galicia: o entroido de Cobres.
![]() |
Os alumnos de 3º A preparan a exposición para compartir o resultado do seu traballo de investigación |

O día do festival puidemos velos desfilar moi guapos convertidos en Madamas e Galáns, pero ese foi o resultado dun estudo e análise profundo realizado sobre a tradición transmitida durante xeracións neste pequeno pobo pontevedrés.
Os alumnos de 3ºA, prometeran compartir con todos nós o resultado dos seus achados e así o fixeron. Este gran equipo de investigadores convídanos á incrementar os nosos coñecementos

No hay comentarios:
Publicar un comentario