jueves, 21 de mayo de 2020

21 Maio

"Día Mundial da Diversidade Cultural"


A diversidade cultural é patrimonio de todos, é patrimonio da humanidade.
Potenciar o coñecemento da gran diversidade de culturas, enriquece á sociedade e ábrea a posturas tolerantes e de respecto ao diferente. Con ese obxectivo, en 2001, a ONU aprobou que o 21 de Maio se establecese a celebración do "Día Mundial da Diversidade Cultural". É un día para reflexionar sobre a importancia de saberse diferentes e respectarse como iguais. Un camiño para a paz.
Un día, o fotógrafo Uwe Ommer, decidiu abandonar a súa acomodada vida de París para percorrer os cinco continentes coa súa cámara. Atopouse con xentes marabillosas. 1.251 familias diferentes pousaron ante o seu obxectivo. Ao longo dos 4 anos que durou a súa inesquecible experiencia, puido rexistrar o máis peculiar e entrañable de cada unha delas, o que as fai diferentes e o que fai que todas xuntas sexan unha gran riqueza cultural.

Unha imaxe vale máis que mil palabras polo que para celebrar este día e cumplir co seu obxectivo: potenciar a diversidade cultural, aquí vos deixámos en forma de xogo algunhas desas familias, recollidas no seu libro "Familias. Un viaje alrededor del mundo", o que a súa vez é un resumo do seu gran Volume "1.000 familias"!

No xogo, volas acompañamos dalgúns pequenos fragmentos das súas vidas. Poñede atención a cada detalle: A palabra máis pequena, o botón interactivo, a expresión dos seus rostros, axudaranvos a realizar o percorrido pola vida de 6 desas familias dun xeito máis productivo!

Reúne a todos, 
Ábreo en pantalla grande para lelo mellor
Ánimo! E a divertirse.


                                                
¿Cómo foi campeóns?

    ¡Moitisimo  Ánimo!
 E a seguir traballando moito 
e facendo todo igual de ben!






domingo, 17 de mayo de 2020

17 Maio

"Mola viajar". Uns intres de diversión!


Atréveste a viaxar xogando? Aquí tes un mapa que dá moito xogo! Podedes xogar a localizar os pobos pola festa, paraxe, produto ou construción típica que a fixo coñecida en todo o mundo. Ou ben, ao contrario, tentar pescudar cal é a festa, paraxe, produto ou característica que a distingue das demais. Ti elixes!
A diversión e a aprendizaxe están asegurados.

Abre o mapa nunha ventana nova e amplía pulsando a lupa. Verás o mapa en grande con todos os detalles.
Senta coa túa familia e a viaxar xogando!


15 Maio

Os Bolechas te traen un conto!


Xa coñeces a Ricardo Carvalho Calero.
Pero, xa o coñeces todo sobre él?
Non olvides visitar o blog do E. de Dinaminación se ainda non o fiseches!
Sabías que cando naceu Ricardo se apellidaba Carballo?
Sí,así é.
No momento de normativizar o idoma galego, había dúas correntes principais, a da normativa oficial actual e a reintegracionista liderada por Ricardo Carballo, que consideraba que o galego e o portugués formaban parte dun mesmo mesmo sistema lingüístico. Gañou a opción oficial.
Pero Ricardo cambiou desde entón a grafía do seu apelido e desde 1981 deixou de asinar Carballo para asinar Carvalho como o escribirían os nosos veciños lusos.
Ese é o motivo polo cal nesta historia dos Bolechas atoparás algún vocabulario un pouco distinto ao que estás habituado... Non é que esteas a ler unha historia nun idioma descoñecido, é só que ese é o vocabulario que todos usarían se naquela votación gañase a proposta de Ridcardo Carbalho! É o galego que podía haber sido e non foi!
Pero non te preocupes se non entendes algo, porque ao final, na penúltima páxina da histoira atoparás un minidiccionario!


A disfrutala!



Seguide así campeóns e campeonas!
Estades a facelo moi ben!







viernes, 15 de mayo de 2020

14 Mayo

Imparable! "Todo sairá ben" conquista as ondas coa cadena SER 


Da prensa escrita  á TV e agora ás ondas! É imparable!

Os radioyentes do programa da Ser "A vivir Galicia" poideron disfrutar coa entrevista que Luis Iglesia realizou á vosa profesora Elsa Muñiz ao respecto do voso vídeo " Todo sairá ben".

Uns minutos nos que o entrevistador mostra o impacto positivo que o vídeo ten sobre os que o ven pola súa mensaxe e a alegría que transmite.
Tamén recoñece o importante apoio de todos vos pequenos e maiores que vos volcastes na idea coa vosa participación!

De novo enhoraboa! Un novo recoñecemento ao voso xesto solidario de colaboración en equipo.  Sodes fenomenais!!  

Aquí podedes disfrutar da entrevista:





 Sodes fenomenais!! 
Seguide así. Traballando xuntos moito mellor!








miércoles, 13 de mayo de 2020

13 Maio

Hoxe imos todos ao Galiñeiro!


Cando o estrés nos invade, cando non atopamos a porta de saída aos problemas que nos afectan ou simplemente cando necesitamos levantar un pouco o ánimo nun día un pouco gris, nada mellor que un paseo.  Un paseo, como a auga, ten poderes terapéuticos. E se ese paseo inclúe a espectacular gama de cores e formacións da natureza que nos rodea ... O efecto é imbatible!
Serra do Galiñeiro. 700m. Desde ela se pode divisar
a Ría e o Baixo Miño
Os campos e bosques que nos rodean vestíronse de verde pero os seus novos traxes pasaron desapercibidos ao non poder disfrutalos.  As condicións da restricción impedíronnos gozar de todos estes fermosos cambios ocorridos na natureza mentres a nosa vida estaba a desenvolverse centrada nos metros cadrados do noso fogar.
Pouco a pouco gozamos un pouco máis de "liberdade", pero os amantes do aire libre aínda non ven o final do seu castigo. Aínda non podemos gozar das alegres sesións en familia ou co grupo de amigos afeccionados ao monte con sendeirismo,  comidas, nin paseos.
Conscientes disto, os organizadores do programa Geolodía puxéronse nos nosos zapatos e trouxéronnos o monte a casa.
Aquí tedes un vídeo feito especialmente para gozar dunha visita virtual pola serra do Galiñeiro. Nela, ademais das vistas excepcionais desde os seus 700m de altura, ofrécennos algunhas pinceladas dos diferentes puntos visitables e minerais e feitos curiosos que podemos descubrir ao longo do camiño, como os feldespatos que abastecían ás antigas empresas de loza da vila ou o gran tamaño dos cristais de berilo ...
Para observalo en persoa, invítanos a participar nos Geolodía  do próximo 2021 nos que se retomarán os aprazados debido a esta pandemia.

O enlace do vídeo é: https://youtu.be/jQytr0jS-IM

Disfrutade coas imaxes !!




Bo día e a seguir facéndoo todo moi ben como ata agora!!
Sodes uns campeóns e campeonas!
Vémonos pronto!







martes, 12 de mayo de 2020

12 Maio

"Todo vai a saír ben" na TVG!


Hai uns días a vosa canción era noticia na prensa escrita. O periódico decano de Galicia e máis antigo de España, o noso Faro de Vigo, facíase eco da vosa canción e do voso arte.

Este Domingo, a canción coa vosa mensaxe de esperanza, foi máis alá e cobrou son: os espectadores do programa "A Revista Fin de Semana" da TVG, presentado por Almudena R. de Urzáizpoideron deleitarse por uns intres coa vosa melodía. 
O vídeo xa é coñecido, agora,  en todas as súas dimensións: mensaxe e ritmo.
Non deixedes de cantalo. Falta pouco. Falta menos. E a espera con música e esperanza é moito mellor, así que facedeo sonar ben alto: "Todo vai a saír ben!"

Aquí vos deixamos os vosos minutos de gloria para que os vexades de novo e podades mostralo aos familiares e amigos que non o puideran ver:



Noraboa!

A seguir traballando e facendo todo igual de ben!





lunes, 11 de mayo de 2020

11 Mayo

Xa Chega o "Día da das Letras Galegas"!


Este venres 17, celebramos como cada ano o "Día das Letras Galegas".

Este ano o autor homenaxeado e Ricardo Carbalho Calero.
Sabedes moito sobre él? Sí? Non? Pouco? 
Pois, coa profesora Rocío, podedes aprender moitas cousas sobre él!
Preparoubos un traballo megachulo ao que podedes acceder no seguinte enlace:


Xa sabedes:  Reunide a toda a Familia e... A xogar!


Nota: Non deixedes de visitar o blog do D. de Dinamización que vos está ofrecendo cousas chulas para festexar este Día das Letras Galegas!
Xa sabedes que no blog do cole tedes o enlace. Pero aquí volo deixamos por si queredes acceder directamente as súas actividades deste día!
https://dinamizachouzo.blogspot.com/






10 Maio

Moitas Gracias Familias propulsoras da Lectura!


Dende o Equipo de Biblioteca queremos agradecer, unha vez máis, a todas as familias que fixeron posible o nacemento da nova campaña lectora "Le cos teus". 
Fostes moitos os que vos animastes dende o principio a inscribirvos nela, outros fostes facéndoo máis tarde e estamos seguros de que habería máis anotados se non fose polas circunstancias. 
É por iso que non queremos que pensedes que nos esquecemos deste proxecto. Como prometemos, teredes o voso Diploma de familia lectora ao final de curso
Soamente esperamos que o próximo curso vos animades a seguir participando e sexan máis as familias ás que lles interese este proxecto. Xa que se non fora por vós, as familias, os proxectos que se poñen en marcha non chegarían a ningures. 



Polo que, GRAZAS POR TODO!









sábado, 9 de mayo de 2020

9 Maio

Una fermosa sesión de Arte!


O nenos e nenas de 6ºA  EI  tamén quixeron enviarnos os seus sorrisos neste tempo afastados. 
Aquí vos deixamos os seus marabillosos debuxos


Moitas gracias por compartir con todos nós 
o voso Arte campeóns e campeonas!
E seguide fancéndoo todo así de ben como ata agora!






9 Maio

Atentos, campeóns!


Qedábannos pendentes algúns capítulos dos xogos de repaso do  Proxecto "Coñezo Galicia".
Vos propoñemos que votedes unha ollada ao blog do Equipo de Dinamización que a partir de agora vos presentará uns interesantes traballos sobre o tema.
Esperamos que vos gustase o repaso e que sigades facéndoo de modo activo a través del.

Traballade moito e disfrutade coa vosa Familia!
Vémonos pronto!

NOTA:
Os traballos do Proxecto correspondentes ao programado para o terceiro trimestre quedarán pospostos para o curso que ven!





9  Maio

O "Día de Europa"




Desde 1985, o 9 de Maio
celébrase o día que se tomou a decisión de constituir a Primeira Comunidade Europea, predecesora da Unión Europea actual.
A Unión Europea tal como a coñecemos hoxe, estivo integrada por 28 países. 27 desde que o Reino Unido decidiu abandonala.
España integrouse o 1 de Xaneiro de 1986, hai máis de 34 anos.
A súa sede ubícase en Bruselas, a cidade do Atomium e o Manneken ou Petit Julien.



E ti, canto sabes sobre a Unión Europea?
Atréveste a verigualo?
Xa sabes, reúne a toda a Familia e despois 
podedes continuar vos con mais preguntas!




Un bo día campeóns!




jueves, 7 de mayo de 2020

7 Maio

Xa está aquí "O Papagaio" de Maio!


Non volo perdades!

Con el podedes repasar moitas cousas que xa sabedes, por exemplo cousas sobre os trinos dos paxaros, as consecuencias negativas da acción do ser humano sobre a natureza, como
  • a excesiva polución que esconde as fermosas vistas das cidades máis poboadas tras un escuro filtro, ou impide gozar de cristalinas augas de ríos ou canles,
  • Ou a desaparición de especies como o gorila dos bosques de África Central a consecuencia das talas masivas do seu hábitat, os conflitos bélicos ou a súa caza incontrolada (Que triste verdade?!).
Tamén poderedes descubrir datos curiosos como o ocorrido co volcán Tambora.
E poderedes convertervos en científicos para comprobar "in situ" as condicións do "efecto invernadoiro" que sobrecalienta a terra e comprender mellor as súas terribles consecuencias para o ser humano e a natureza!
Ánimo e a por él!




 Seguide portándovos así de ben! 
 Nos venos pronto!








lunes, 4 de mayo de 2020

4 Maio

O voso vídeo no Faro de Vigo!


Xa chega a todas partes! Estades de enhoraboa!

Un traballo ben feito ben merece un bo aplauso!
Isto ben a ser o que Faro de Vigo fai ao recoñecer públicamente a colaboración e esforzo de todos vos na elaboración do voso videoclip sobre o COVID19!.
Cando un da o mellor de sí mesmo, obtén frutos e serve de exemplo a seguir por outros.
Noraboa!
Podedes consultar a páxina de Faro de Vigo coa vosa noticia no seguinte enlace:



                     A seguir así, colaborando e facendo todo tan ben!














sábado, 2 de mayo de 2020

1 Maio


A xogar!  Cap. III   "Galicia a través das súas pontes"


A auga dá vida, pero alí onde o seu discorrer supón un obstáculo na comunicación dos pobos, o ser humano tende unha ponte. Así o fixo ao longo dos séculos. Cambian os
materiais, (madeira-->pedra-->ferro-->
aceiro...),pero o obxectivo permanece: unir o que a auga distancia ou simplemente, ás veces, o que a peculiar orografía salvagarda.
Os máis fermosos son os máis antigos. Testemuñas do paso dun avanzado pobo romano que o mesmo creaba unha vía ou tendían unha ponte para facilitar as súas comunicacións e o seu avance, como construían un acueducto para fornecer as súas vilas desde unha mina afastada, ou incrementaban as súas riquezas áureas horadando coa soa forza da auga toda unha montaña.
Os romanos, excelentes ensexeñeiros de pontes de pedra, adquiriron tal dominio na materia que chegaron no s. II a consruir pontes con arcos de ata 30 m. Algo imposible de recrear ou superar nos séculos posteriores. Ata o século XVIII!
Coa caída do imperio, perdeuse a súa sabiduría por moitos séculos. No medievo volveron a construirse pontes. Pero ata que en Francia, no ano 1747 se creou a primeria escola de inxeñería do mundo co obxectivoo de formar persoas capaces de facer os cálculos necesarios para construilas sen riscos, non houbo pontes que superaran a magnitude das romanas.
España, seguindo o exemplo francés, creou no 1802 a "Escuela de Ingenieros de Caminos de Madrid" para formar nos cálculos necesarios aos seus propios enxeñeiros.

Na súa ardua conquista, o Imperio romano foi deixando pródigos exemplos da súa impresionante arquitectura.
E aínda que a miúdo debido as sucesivas reformas ou reconstrucións, resulta difícil distinguir cales son de orixe romana e cales enteiramente medievais, en ambos os casos a súa beleza e constatada solidez nada teñen que ver coas actuais, cuxo obxectivo, ademais de acurtar distancias, busca máis a espectacularidade que sobrevivir ao paso dos séculos, cronometrándose en consecuencia, o seu deterioro, non en séculos senón en só unhas décadas.

Queredes saber un pouco máis sobre as pontes galegas
Aquí vos deixamos un repaso-resumen de algunhas pontes (tan só algunhas delas porque son moitísimas!), os ríos que as atravesan e as cidades nas que se mecen.
Xa sabes o ques segue:  Reúne á Familia  e a Xogar!

E como sempre, poñede atención a toda a información, anécdotas e experiencias que a vosa Familia pode ensinaros e contaros sobre elas!




Moitíííísimo Ánimo! 
Estades facéndoo moi ben! Seguide así!
Nos vemos Pronto!