domingo, 27 de noviembre de 2016

TALLER DE ESCRITURA CREATIVA 2

Este es el texto por el que empezaremos nuestro próximo relato.
¿Cómo continuará?
¿Será divertido?
¿Intrigante?
¿Un misterio sin resolver...? 
¡¡Anímate a contarlo!!

TALLER DE ESCRITURA CREATIVA 1



sábado, 26 de noviembre de 2016

MARCOPOLA 4

Ola, rapaces.
Xa coñecedes a Jacobo Fernández Serrano, que visita o noso colexio sempre que pode.
El sempre está encantado de vir, porque o Chouzo tamén foi o seu cole.
Hoxe presentou un novo libro, que xa está nas librerías.
Un libro que estabades esperando...



Agora xa temos 4 libros da colección e Jacobo dixo que... para o ano próximo sairá o nª 5 "Pernechas".

No número 4: "A Avoa Power" aparece un personaxe novo: "The Tiger", que rouba... Rouba moito moito. 

Jacobo contou que The Tiger ten unha familia e rouba por unha razón e que pronto sairá a súa historia nunha triloxía: 3 libros.
E así será como sabremos por que rouba, para que rouba... 
Estade atentos a estas novidades.
Prometen ser moi interesantes !!!
E aquí deixovos a Jacobo, un pouquiño canso de tanto debuxar.

    

martes, 15 de noviembre de 2016

TALLER DE ESCRITURA CREATIVA

Rapazas e rapaces, esta semana temos una proposta moi interesante:
 TALLER DE ESCRITURA CREATIVA
Así que, poñede a funcionar o cerebro e deixade voar a imaxinación!
Podedes participar elaborando un texto que debe comezar co pequeno parágrafo que se expón no taboleiro e inspirarse nas imaxes que o acompañan.
O venres 25 poderedes entregar o voso texto na biblioteca, e procederemos á lectura de tódolos escritos que participen.
Disfrutaremos dunha xornada interesante e animada.
Non podedes faltar!
Animádevos a participar!





Este será o principio dos nosos relatos:


Texto del libro "Tú serás mi flor" de Teresa Zataraín.

CLUB DE LECTURA

Hoxe inauguramos o Club de Lectura do curso.
Falamos sobre o acoso escolar.
Os rapaces opinaron que é cousa de cobardes, que está mal...
E, sobre todo, aínda que teñamos medo das represalias, hai que contalo e avisar aos adultos do que está ocorrendo.
NON ao Acoso Escolar!!






Campaña de la Policía Nacional:
TODOS CONTRA EL ACOSO ESCOLAR

RELOXO DE AUGA: "CLEPSIDRA"

A Clepsidra é considerada o primeiro reloxo que se inventou, porque servía tamén cando non había sol.
Os nenos de 1º fixeron unha manualidade sinxela e crearon unha Clepsidra.

lunes, 14 de noviembre de 2016

MARCO CÓNTANOS COUSAS DOS TRENS

Marco, que agora xa está en 5º de Primaria, deu unha charla moi interesante aos nenos de 1º e tamén aos seus compañeiros de 5º sobre trens.
Porque a Marco xa gustábanlle os trens desde que era moi pequeniño.
Trouxo dous dos seus libros grandes de trens e vimos desde os máis antigos ata os máis modernos, desde os máis lentos ata os máis rápidos, os máis longos...
Vimos fotos curiosas que había nos libros que trouxo.
Fixeronlle algunhas preguntas.
Aprendimos cousas que non sabiamos.
Vimos a evolución deste invento tan importante e aproveitable hoxe en día.
Moitas grazas, Marco.

 

miércoles, 2 de noviembre de 2016

IIV EDICIÓN DO DÍA DA CIENCIA EN GALEGO. IGACIENCIA

Celebramos a VII edición do día da Ciencia en Galego e, como todos os anos, propoñémosvos unha temática, os legumes, en sintonía coa celebración no 2016 do ano Internacional dos legumes.  Por esa razón, queremos dedicarlle este ano o día aos legumes. Moitos descubrimentos científicos xiraron arredor deste tema e o máis sobresaínte é o das leis de Mendel que as descubriu estudando a herdanza nos chícharos, razón pola cal o cartel do día da Ciencia en Galego trata o tema de Mendel e as súas tres leis. Así, por primeira vez, facemos un cartel que poida reciclarse en obxecto educativo na clase. Esperamos que vos sirva para ese fin.  
O homenaxeado galego, Cruz Gallástegui, ten un mérito nese campo indubidable: considérase o introdutor da xenética non só en Galicia, senón en España. 
Tedes referencias e materiais sobre o tema en cienciaengalego.org