martes, 10 de marzo de 2020

10 Marzo

Para mulleres heroínas, as "superavoas galegas"!


O 8 de Marzo, é un día moi especial. É un día para traer ao recordo a todas aquelas mulleres que loitaron por mellorar a súa situación e a consideración do seu rol na sociedade. Neste día repítense os nomes e as fazañas daquelas que emprenderon unha loita para poder facer o que lles estaba vetado ou prohibido abrindo un camiño para que outras puidesen seguilo sen tanta dificultade. Os seus feitos merecen non caer no esquecemento.  
Joseba M.P. pintando unha 
das súas "
avoa superheroína"

Pero hai, en moitos fogares, grandes heroínas cuxo esforzo diario semella invisible aínda que o seu froito é evidente,(fillos acomodados, netos ben formados... ). Elas parecen non ter lugar neste día pois, o seu heroicismo, silencioso e discreto, non figura cada ano nos andeis dunha librería ou nos anais dos historiadores, porque simplemente as súas vidas non parecen ter unha repercusión social remarcable.
Sinembargo, elas, coa súa inesgotable coraxe, vencendo todo tipo de dificultades, foron as que fixeron posible que Galicia sobrevivira nas décadas de máis penurias e o fixera máis folgadamente nos anos posteriores.
Superavoa Elisa. 84 anos
"A muller Nitromón"

Hai maior herocidade ?

Con frío, neve, choiva ou calor, sen ferramentas mecanizadas que suavizasen o seu esforzo, sen horas ou días de descanso nin vacacións, porque o campo, a fame, as necesidades diarias de toda unha familia, non entenden de xornadas laborais nin de festivos. E mesmo sen xubilación, porque o traballo da horta, é para toda a vida polo que cos seus 80, 90 anos aínda seguen facéndoo.

Desde fai máis dun par de anos, gracias ao artista galego Joseba Muruzábal, estas verdadeiras heroínas xa teñen a súa merecida homenaxe. Non se ven recordadas un día, senon todos os días! E a súa fazaña non figura nunha folla de papel na que o que queira pode lela se abre o libro, senon nun gran mural de hasta 15 m. de altura (proporción máis axustada á súa heroicidade diaria)! E ao alcance de todos sen ter que buscala para ler, á vista de todo o mundo: coñecidos e non tanto, galegos e foráneos!
Carmen, superavoa de 95 anos
Carmen da depuradora, Lady Falcon.
As protagonistas non son de ficción. Ainda que neste extenso e peculiar "museo" que se estende polas fachadas ao longo de toda a N-550 que une Tuy con A Coruña, estas avoas heroicas, aparezan pintadas en forma de "avoas con superpoderes". Esto débese a que loitar por algo que queres ou pensas, ou loitar por mellorar as túas condicións de traballo é difícil e moitas veces decepcionante. Pero loitar día a día por vivir, e que a túa familia chegue ao día seguinte e ademais cun futuro mellor que o teu, é algo milagroso, algo que require algún tipo de "superpoder" especial para non sucumbir desanimado ou xa exánime ante o duro esforzo,
Luísa, superavoa de 83 anos
 A cortesa de Cambre
a muller acrobata
Cada unha delas é unha avoa real, e aparece no seu pobo retratada cos elementos que resumen a historia da súa longa vida de traballo:
Elisa, de Carballo, 84 anos, suxeita unha pataca xigante coma se fose Obélix cun menhir, porque para ela a chegada do uso dos abonos químicos melloraron a producción da horta.
Carmen, de As Pontes, 95 anos!!, (a máis maior de todas), leva máis de 20 anos sobrevivindo soa de modo autosuficiente, tras a morte do seu marido que traballaba na casa da depuradora de auga.
Luisa, de Cambre, 83 anos, lembra os "equilibrismos" que tivo que facer para sacar o seu bar adiante. Tiña que ter na casa máis bombonas que galiñas .
Lola, de Ordes, aos seus 91 anos continúa vendendo grelos!
Claudina, de Muxía, 79 anos, foi ao percebe desde os 15 ata os 65 anos pondo en risco a súa vida para ter unha comida que por na mesa.
... E así moitas máis.
Superavoa Lola91 anos
A greleira de 50 pes
Segue vendendo grelos
Elas son especiais, son auténticas... pero non son as únicas. A súa imaxe sirve para ilustrar o rico carácter da Galicia rural, a fortaleza e coraxe das súas xentes que un día calquera, e todos os días, podemos ver, co seu mandilón a cadros, ("uniforme autonómico de traballo"), sachando na horta, segando a herba, carreteando leña, cargando bolsas ou facendo malabarismos cas cestas ateigadas de verduras e productos da horta polas beiras de calquera estrada.
Son a imaxe viva da Galicia rural silenciosa, incansable e sen descanso, a imaxe que ilustra unha vida chea de valores e sentimentos.

Claudina. Superavoa de 79 anos, 
"A ninja Claudina e raspa dourada"
arriscou a súa vida dos 15 aos 65 anos na captura do percebe 










Aquí podedes ver unha breve entrevista na que o autor explica o que o motivou a emprender tan xeneroso traballo en homenaxe as increibles avoas galegas:


E aquí podedes ver algúns dos seus murales. A serie comenzou primeiro en formato cuadro con "Fenómenos do rural", e agora, convertidos a formato mural, ainda segue crecendo polas fachadas da carretera Nacional. O máis próximo tédelo a altura de Cesantes. Unha "superavoa" monta, os pes nús, sobre unha vieira. Para coñecer máis sobre esta obra só tedes que desplazaros ao pé dela e ler a súa placa.

Un recoñecemento:
Bravo por este xoven artista coruñés que soubo dar visibilidade dun modo tan cariñoso a estas grandes heroinas ocultas ao mundo!

Un agradecemento:
Grazas a todas as avoas, visavoas... polo seu gran legado de valores, polo seu gran exemplo, pola súa vida entregada a un fin: os seus, nós.

Un desexo:  
Oxalá a xeración de pais de hoxe, saiba transmitir o gran legado de valores herdado, de tal modo que se perpetúe e non se perda no tempo por lasitud, desidia, apatía, indolencia, descoido, neglixencia ou comodidade, porque o corazón humano é o único "plan de traballo" que merece toda a nosa atención e o dos nosos fillos require todo o noso esforzo.









r



No hay comentarios: