sábado, 31 de mayo de 2014

VISITA DE SUSANA LAMELA

Susana Lamela visitounos aos nenos de 2º de Primaria.
Limos o seu libro "Soños de andel", que nos gustou moito.
É a historia de Ani, un libro moi entrañable.
Susana contounos como fixera para escribilo.
E tamén fixo un pouco de maxia co seu móbil...
Gustaríanos moito que volvese outro día coas súas historias, cos seus proxectos, coa súa maxia literaria e dixital.

SUSANA LAMELA on PhotoPeach

miércoles, 28 de mayo de 2014

TALLER ESCRITURA CREATIVA 7

Los fantásticos escritores del Taller de Escritura Creativa se despiden hasta la próxima ocasión.


TALLER DE ESCRITURA CREATIVA MAYO on PhotoPeach

viernes, 23 de mayo de 2014

"MORGAN, O NENO CELTA"

Ao longo dos dous últimos trimestres, os alumnos de Alternativa de 2º B elaboramos un Kamishibai sobre un neno celta, tema do proxecto deste curso.
Daniel M. pensou o argumento e os demais colaboramos engadindo frases, personaxes, situacións...
Debuxamos, coloreamos, repetimos algunhas das láminas...
E por fin quedou rematado.
Eliximos aos compañeiros para representar por parellas.
Preparamos unhas invitacións, que nos quedaron chulísimas. 
E comezamos unha xira por titorías para facer as representacións. 
Fai "clic" no medio, no triángulo branco, e verás as fotos.


Emilia Pardo's Slidely by Slidely Slideshow
As nosas impresións son estas:
.
Foi unha experiencia moi interesante e moi divertida.
Pasámolo moi, moi ben.
Ademais, publicáronnos nun blog especializado en Kamishibai de Educación da Comunidade de Navarra e o noso é o seu primeiro Kamishibai en galego.
Gustaríache velo? Fai "clic" aquí e poderás entrar. 
E, se queres descargalo, fai "clic" aquí.

sábado, 17 de mayo de 2014

1ª QUEDADA LITERARIA EN VIGO

Este ano 2014 os centros educativos 
  • Ceip Emilia Pardo Bazán-Vigo 
  • Ceip O Pombal
  • Ceip Ría de Vigo
  • Ceip Santa Mariña
  • Ceip Frián-Teis
  • Ceip Carrasqueira
  • IES Pino Manso
  • IES O Castro
reuníronse no parque de Castrelos para celebrar as Letras Galegas compartindo lecturas, poesía, historias, dramatizacións... en galego.
Os nenos e os profes intercambiaron agasallos de marcapáxinas representativos de cada centro.
1ª QUEDADA LITERARIA LETRAS GALEGAS 2014 on PhotoPeach  
A proposta desta xuntanza xurdiu o ano pasado na reunión de bibliotecarios celebrada no centro Manuel Antonio que, coordinada por Antonio Fernández Costas bibliotecario deste centro e coa colaboración do departamento de Normalización Lingüística do Concello, tivo un fantástico resultado.
Contaron coa presencia e participación de Uxía Blanco e autoridades do Concello.
Este evento foi publicado en varios xornais e no telexornal (a partir do minuto 11). Fai "clic" na imaxe.
 
http://www.rtve.es/alacarta/videos/telexornal-galicia/telexornal-galicia-15-05-14/2565635/

MERCADILLO DO LIBRO 2014


Este curso tamén fixemos outro mercadillo de libros.
Os interesados tiñan que facer algo (marcapáxinas, redacción, debuxo, poema...) e entregalo a cambio do libro que querían levar.
Algúns nenos levaron varios libros.
Noraboa, sodes uns estupendos lectores!!!

DÍA DA POESÍA NO CHOUZO

Este curso celebramos o Día da Poesía todo o colexio coa "Poeta" María Lado.
Acompañounos ao longo de dúas mañás facendo actividades diversas arredor da poesía.
Os máis pequenos divertíronse moito coas historias do seu osiño Cuqui.
Tamén escoitaron narracións poéticas como as do "Gato poeta".
Os maiores fixeron obradoiros de poesía que recolleron nun mural ao final de cada sesión.

Emilia Pardo's Slidely by Slidely Slideshow


lunes, 5 de mayo de 2014

TEATRO 2014

Estamos de Aniversario.
O grupo Interteatro cumpre 10 anos.


O mércores, día 7 de Maio estrenamos no colexio a nosa obra.




sábado, 3 de mayo de 2014

CLUB DE LECTURA ABRIL

No mes de abril reunímonos para falar de Poesía cos maiores do 3º ciclo.
Limos as nosas anotacións, as que nos fixeron sentir máis sensibles por ser divertidas ou por ser máis profundas ou máis tristes ou máis raras...
Cambiamos impresións e decidimos compartilas cos demais.
CLUB DE LECTURA ABRIL 2014 on PhotoPeach
E os de 2º coa divertida poesía de "Animales muy normales"

CONTACONTOS NA BIBLIO

Hai uns días visitounos Benxa.
Viña a presentarnos un libro de misterio e aventuras.


Fixemos cousas moi divertidas.
Rimos moito e pasámolo moi ben.
BENXA E OS NENOS DE 2º on PhotoPeach

jueves, 1 de mayo de 2014

QUERES IR AO CINE?

Fai "clic" nas imaxes