lunes, 10 de febrero de 2020

6  Febreiro

Familiarizándose coas futuras aulas: Visita ao IES Politécnico

O alumnado de sexto  foi este xoves pasado a visitar o IES Politécnico,  centro ao que estamos adscritos.  Alí, atendeunos
persoalmente o director do centro, quen lles explicou as normas así como as diversas actividades que desenvolven. 
Foi unha xornada moi interesante e que espertou moita curiosidade entre os cativos. 
Dende aquí damos as grazas ao director polo seu tempo e por explicarnos e ensinarnos as instalacións das que o noso alumnado desfrutará a partir de setembro.

Esperamos que, chegado o momento, esa nova etapa que lles espera, 
transcorra para todos eles coa mesma alegría con que está  rematando a presente
entre todos nós.



No hay comentarios: