10 Febreiro
O "Carballo lector". Unha árbore con "brotes" literarios.
Adiantándose un pouquiño á primavera, xa está listo para comenzar a brotar!
Este é o voso novo recuncho de suxerencias!
Aproxímanse as vacacións de carnaval e non sabedes qué ler? Esta fin de semana promete ser tranquila e chuviosa e non tedes plan de lectura? Hai días que rematastes o libro que vos mantiña en vilo coa trama, e queredes outro ao mesmo nivel de intriga?... Ou ben, lestes unha obra impactante, emotiva, hilarante... e queredes compartila?... A resposta ás vosas cavilacións e desexos está no voso novo recuncho: "O Carballo lector"!
Xa sexa para proporcionar ideas ou para "adquirilas" , non deixedes de visitalo!
O Carballo está listo para intercambiar a vosa información!!!
Dónde podedes encontralo?
Moi fácil! Conta coa preceptiva sinalización!
Camiño da Biblioteca!
Só tedes que seguir a flecha!
Sacádelle proveito! Visitádeo con frecuencia e
a disfrutar das lecturas á carta!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario