13 Febreiro
Día Mundial da Radio. 100 anos despois da creación da KDK e 94 Anos despois de María Sabater.
No 2012 a ONU aprobou como Día Mundial da Radio o 13 de Febreiro. Data na que se estableceu a Radio das Nacións Unidas no 1946. O fin é o de celebrar a radio como medio de comunicación, para mellorar a cooperación internacional entre os organismos de radiodifusión, e incitar ás principais redes e radios comunitarias a que promovan o acceso á información e a liberdade de expresión a través das ondas.
Cada ano, o Dia Mundial da Radio, céntrase nun tema diferente. Así o tema no 2015 foi "Os xoves e a radio", no 2016 "A radio en tempos de emerxencia e desastre", no 2019, "Diálogo, tolerancia e Paz" ... Nesta edición do 2020 o tema foi "Diversidade", co que se pretendía abogar polo pluralismo na radio, (facilitando unha combinación de medios públicos, privados e concertados), fomentar a representación de diversos grupos da socidade na sala de redacción, e promover a diversidade dos contidos e tipos de programas para que reflexen a variedade de públicos.
Cada ano, o Dia Mundial da Radio, céntrase nun tema diferente. Así o tema no 2015 foi "Os xoves e a radio", no 2016 "A radio en tempos de emerxencia e desastre", no 2019, "Diálogo, tolerancia e Paz" ... Nesta edición do 2020 o tema foi "Diversidade", co que se pretendía abogar polo pluralismo na radio, (facilitando unha combinación de medios públicos, privados e concertados), fomentar a representación de diversos grupos da socidade na sala de redacción, e promover a diversidade dos contidos e tipos de programas para que reflexen a variedade de públicos.
En España, a primeira voz da radio foi a de María Sabater en febreiro de 1924, fai 95 anos, cando naceu a Asociación Nacional de Radiodifusión de Barcelona. Só 4 anos despois da creación da primeira emisora de radio do mundo (a KDK), en 1920, en EEUU.
Isto foi posible grazas á curiosidade, a inquietude e o traballo arduo de moitas persoas!
Para resumir poderiamos dicir que o primer "culpable" foi no 1830, Samuel Morse, quen observando o chisporroteo que se producía ao interromperse un circuíto, ocorréuselle que estas interrupcións podían chegar a utilizarse como un medio de comunicación. Inventábase o telégrafo.
A partir diso, Maxwel propuxo que as oscilacións eléctricas de frecuencias moi altas podían propagarse polo espazo. Entón, Hertz traballando sobre iso construíu un aparello para producir ondas de radio polo que xa se puido pasar á telegrafía sen fíos.
Logo, Popov continuou os traballos de Hertz e descubriu que a sensibilidade do dispositivo que permitía a detección de ondas de radio aumentaba conectándoo cun fío condutor suspendido dunha cometa co que inventou a antena! Xa en 1901, Marconi, realizou a primeira transmisión de ondas electromagnéticas a través do Océano Atlántico: entre Poldhu (un pobo do sur de Inglaterra) e a illa canadense de Terranova. E xa en 1906 Fessenden realizou as primeiras transmisións de voz humana (AM).
radio galena |
No 1960 a emisora KDK introduxo o Stereo deixando obsoleto o rexistro dunha soa canle. E na década dos 80 empezou a vía satélite.
E xa, por último, no 1990 realizáronse as primeiras emisións de radio via Internet!
A radio era o núcleo de reunión e información do pobo |
Toda unha longa viaxe para unhas ondas que, son moito máis que un medio de información, un productor de entretemento ou unha vía de comunicación. Desde o seus inicios o papel da radio foi fundamental como canle de salvamento en casos de accidente ou extremo perigo. No ano 1912, por exemplo, o Titánic, puido realizar por radio a súa chamada de socorro tras impactar cun gran iceberg. E desde que tivo lugar a creación da primeira emisora (a KDK dos EEUU), a radio cubriu tamén unha función social moi importante, servindo de acompañamento para combater a soidade ás persoas maiores, ás persoas enfermas ou á aquelas obligadas a pasar moitas horas do día ailladas. E cómo non, tamén serviu para unir ás familias ou aos maiores do pobo
E tamén unía ás familias á hora das emisións |
Y é que este é o medio no que a voz do narrador cobra a maior importancia!!!
Ao escoitar ás súas audiencias e responder as súas necesidades, os servizos da radio provennos dos diversos puntos de vista e distintas voces que necesitamos para afrontar os cambios aos que nos enfrontamos na actualidade.
Esperamos que os obxectivos fosen acadados!
No hay comentarios:
Publicar un comentario