viernes, 28 de febrero de 2020

24 Febreiro

"Rosalía de Castro". Unha poetisa con estrela.

La estrella"Rosalía de Castro"
y su planeta "Río Sar"
Desde os máis pequenos aos máis anciáns, todos en Galicia saben quen é Rosalía de Castro. 
Para os menos eruditos unha visita a Wikipedia, basta para saber que se trata de: "Unha poeta e novelista española que escribiu tanto en galego como en castelán".

Pero desde este pasado 17 de Decembro (2019), o nome de "Rosalía de Castro" transcendeu o ámbito terreal para alumarnos coa súa luz desde o Universo. Unha estrela na constelación de Offiuco leva o seu nome. E o seu planeta, leva o nome do seu río preferido: "Río Sar", o afluente do rio Ulla ao que a súa obra fixo universalmente coñecido.
 Así é, Rosalía de Castro e o Rio Sar , xa teñen pegada no espazo!
Constelación en la que se integra
"Rosalía de Castro"
 Dentro dos actos de conmemoración dos 100 anos da Unión Astronómica Internacional ( UAI), un dos proxectos máis populares foi o NAMEEXOWORLDS, onde cada país dos 112 que se integran na UAI pode designar un nome para novos exomundos: estrelas e planetas novos descubertos polos astrónomos.
En 2015 realizouse un primeiro concurso internacional para dotar de nomes a varias decenas de exomundos. Ese ano a proposta da Sociedade Española de Astronomía, o Planetario de Pamplona e o Instituto Cervantes foi a de nomear a unha estrela co nome de Cervantes, dando aos seus catro planetas os nomes de Quixote, Sancho, Dulcinea e Rocinante. Resultou ser unha das máis votadas internacionalmente. De modo que, desde entón, contamos con esa estrela Cervantes e os seus planetas no ceo austral.
Aquí deixámosche un interesante vídeo sobre a elección de nomes e a estrela Cervantes creado con tal ocasión:
https://vimeo.com/217470094

En 2019, de entre os máis de 4000 sistemas exoplanetarios que coñecemos, a España correspondéronlle a estrela e o planeta HD149143 e HD149143 b.
Os nomes da poetisa galega e o afluente do Ulla tan cantado na súa obra, gañaron con máis do 39% dos votos ás outras propostas españolas " Tirant e Carmesina" e "Diego e Isabel" (os amantes de Teruel). A estrela "Rosalía de Castro" ( HD 149143), é unha estrela amarela anana, similar ao noso Sol, e que se atopa a 240 anos-luz da Terra. A súa masa é 1.21 veces a masa do Sol e o seu radio é tamén maior (1.49 veces o radio do Sol). Atópase na constelación de Ofiuco ou Serpentario ( Ophiuchus en latín, que é o idioma no que nomean as 88 constelacións en que se divide o ceo segundo as nomenclaturas da Unión Astronómica Internacional). Forma parte do catálogo Henry Draper de estrelas, compilado a principios do s. XX pola astrónoma Annie Jump Cannon e os seus colaboradores do Observatorio de Harvard (USA). Un catálogo que de 10.000 estrelas na súa primeira edición pasou a conter 359.083 estrelas en 2017. Pola súa banda, o exoplaneta "Río Sar" ( HD 149143 b) foi descuberto en 2005 desde o Observatorio da Alta Provenza (Francia) coa técnica de espectroscopia Doppler ou método de velocidade radial, que consiste en observar o cambio no espectro de luz dunha estrela producido polo tirón gravitatorio dun posible planeta que a orbite. A súa masa é, como mínimo, 1.33 veces a masa de Xúpiter, tratándose dun planeta de tipo xigante gaseoso. Atópase moi preto da súa estrela, completando unha órbita ao redor dela en tan só 4 días, polo que a súa temperatura superficial é moi elevada, sendo o que se coñece como un planeta de tipo júpiter quente.


Unha estrela galega no firmamento universal!







No hay comentarios: