19 Febreiro
Coñeces ben o noso idioma?
Atreveste a averigualo xogando?

dibulgación do léxico galego), ofrécenos a oportunidade de descubrir o ben que coñecemos o noso idioma, dun modo moi divertido!
A través de múltiples xogos, como "verdadeiro ou falso", "só unha vale", "dimo con letras", "canto sabes", ...
podemos poñer a proba o noso coñecemento sobre ortografía, (tentando escribir correctamente os termos que se nos ditan: suburbio, abusivo, anoxo, iotacismo...), coñecer o término exacto que convén utilizar en contextos moi concretos, ou descubrir cal é a palabra que realmente considérase válida dunha lista que adoita usarse inapropiadamente, por exemplo.

Atrévete a botarlle un pulso aos teus coñecementos e tenta pescudar con que seguridade coñeces a nosa lingua!
En solitario, en parella, en equipos... Tes 15 segundos para demostrar a túa/vosa mestría no manexo das palabras en 10 probas!
Para practicar o vocabulario que vos fará falta nos próximos días, sobre o entroido, aquí vos deixamos o enlace directo á súa sección:
Ánimo!
Xoga!
Descobre!
Aprende divertíndote!
No hay comentarios:
Publicar un comentario