30 de Xaneiro
Día da Ilustración


Nas súas ilustracións, Castelao retratou os horrores da guerra civil, a dor da Galicia máis triste e a realidade do trato de Galicia fora das súas fronteiras.
Ca institución desta data, preténdese potenciar esta forma de expresión e dar recoñecemento a todos aqueles artistas que a través das súas obras deixen plasmada, xa non a dor, senon a beleza da nosa Comunidade.
Gael e Juan de 6ºB, Xavi, Aloia, Xian, Bao e Vera de 2º A e Roi de 6º B orgullosos das súas creacións |
Nesta dirección van encamiñados algúns dos nosos grandes artistas do colexio que, puidera ser que nun futuro non moi lexano fagan figurar o seu nome ao carón do de Castelao. Si ben de momento, estes ilustradores en potencia, ainda non adican a súa obra a plasmar a realidade que os rodea senon máis ben os seus gustos literarios e cinematográficos preferidos. Pero todo se andará. Démoslles tempo.
Unha mención especial merece a obra de Ledi, unha nena moi creativa de 2º B que, ca axuda da súa profesora Pilar, está a crear o seu propio diccionario en imaxes, para facilitar a aprendizaxe do noso idioma. Toda unha proeza!!
"Diccionario en imaxes" de Ledi coa transcripción de cada palabra nos dous idiomas: o do seu país e o noso. |
Demoslles ánimos, apoio e recoñecemento ao seu don de debuxantes, unha cualidade que non todos temos!
Noraboa rapaces pola vosa obra!
Seguide creando!
No hay comentarios:
Publicar un comentario