30 Xaneiro
Educando no respecto a todos, na tolerancia e na non violencia: Educando pola Paz!
Desde o ano 1964, vense conmemorando o Día Escolar da non violencia e a Paz ( DENYP) cada 30 de xaneiro, no aniversario da morte de Mahatma Gandhi (1948), líder pacifista da India que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza, converítindose á súa morte na principal figura da resistencia pacífica no mundo.É un día para recordar a importancia de educar na tolerancia, na solidariedade, na concordia, no respecto aos Dereitos Humanos, na non-violencia, no entendemento entre persoas de distinta procedencia ou distinto modo de pensar... na paz, co obxectivo de que o alumnado de hoxe se converta mañá en cidadáns globais, comprometidos non só ca defensa dos seus dereitos senon cos das demais persoas.
Como en todos os colexios a actividade foi febril esta semana de preparativos. Corredores, aulas, taboleiros, pancartas, cancións, coreografías, decoracións, ensaios... moito que facer ata culminar coa posta en escena final: un canto á amizade, ao entendemento e á paz.
As pombas, mensaxeiras da paz por excelencia, gañaron espacio por todos os recunchos. De todas as cores, formas e texturas, e portadoras de todos os sentimentos que implican paz, tolerancia, amizade e entendemento.
Esperamos que todos estes sentimentos queden arraigados no corazón de todos máis alá deste festivo día de cancións e xestos de amistade!
Curiosidade: O DENYP foi fundado en España polo poeta mallorquino Llorenç Vidal e conta co seu propio himno "Hermanos de las estrellas" con letra del propio fundador Llorenç Vidal y música de Andreu Bennàssar. Hoxe existen varias versións en distintas lenguas. catalán-balear, galaico-portugués,...
No hay comentarios:
Publicar un comentario