4 Febreiro
"O gran xogo" no Club de Lectura!
Este martes tivo lugar o encontro do Club de Lectura. Tras unhas semanas atarefadas resolvendo todos os enigmas que "Hal", o protagonista do libro, lles foi suscitando, (palabras clave, probas de habilidade, saltos de cabalo, o enigma de Einstein, planos que os levaron a adentrarse en frondosas selvas, cruzar desertos e ata facer travesías en barco sorteando diversas vicisitudes...), por fin atopáronse!Superaron todas as probas de habilidades |
Nin os puzles 3-D se lles resitiron |
A interpretación do plano non semellou moi difícil pese á súa dificultade! |
O que máis lles costou: O enigma de Einstein que Hal lles plantexou! |
Hal os agardaba cunha mensaxe-reflexión no seu interior para todos e unha sorpresa para cada un dos atarefados lectores para premiar a dilixencia e o esforzo colectivo cos que foron resolvendo todas as probas!
Alegría! Encontraron a Hal! Admiración! Viña cargado de sorpresas! E tamén dunha mensaxe reflexiva para todos! |
Tras a reunión, puideron disfrutar duns
minutos de diversión coa sorpresa coa que Hal os aguardaba!
Todavía quedaron uns minutos para xogar coa sorpresa! |
Unha lectura que calificaron de interesante e divertida e que esperamos lles sirva para reflexionar sobre o importante que é gozar de cada unha das etapas do camiño que nos conduce ao noso destino tanto como do destino, cando xa se chegou.
Vémonos pronto !
No hay comentarios:
Publicar un comentario