miércoles, 19 de febrero de 2020

16 Febreiro

Os "sanandresiños"


Algunhas das fermosas creacións:
a escaleira (o traballo),
a coroa (protección), a flor (amor)
Formando parte do contido do Proxecto "Coñezo Galicia", o alumnado de 1º A  coa súa titora Anxa, aprendeu un costume tradicional de San Andrés de Teixido (A Coruña). 
Nesta aldea elaboran amuletos con miolos de pan chamados "sanandresiños". 
Cada un deles protexe diferentes ámbitos da vida: o traballo, a saúde, as viaxes, o amor...
Eles fixeron a súa propia versión no horario de Plástica, con plastilina e cola.
Estes son algúns exemplos!

Bravo rapaces pola vosa creatividade!
E gracias a súa titora por compartir con todos nós unha tradición tan arraigada, 
e descoñecida por moitos!
Aprender cousas da nosa terra,  coñecela mellor, axudaranos  a valorala, querela e coidala!




No hay comentarios: