14 Febreiro
E o "Valse da Amizade" para rematar!
Como guinda final, para celebrar a alegría dun día tan especial, estabamos todos convidados a cantar con Pilar o seu "Valse dá Amizade".
Foi moi divertido e instructivo, pois aproveitou para falarnos dalgúns instrumentos e costumes musicais típicas da nosa terra como a "botella de anís", as vieiras, as tisolas... instrumentos ao alcance de todos os fogares, cando a música era algo habitual para acompañar as tarefas domésticas, as celebracións tras o final da colleita ou calquera evento importante nos pobos que requirían celebración.
Cantamos todos ao son do pandeiro. E logo amosounos como se tocaban as "culleres" e as "tarrañolas". A súa habilidade nos deixou a todos anonadados.
|
Moitas gracias Pilar
por estes momentos tan divertidos e didácticos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario