martes, 25 de febrero de 2020

20 Febreiro

Biblioteca:  Lectura para todos y Responsabilidad de todos


Os alumnos de 1º coa súa titora Anxa.
Asiduos usuarios do recuncho
Se buscamos un lugar especialmente ambientado para a lectura compartida, esa é a nosa Biblioteca. 
A súa jaima é o lugar preferido por todo o alumnado para realizar as súas lecturas tanto individuais como compartidas.

Lecturas, xogos de palabras, actividades relacionadas coas lecturas... momentos de diversión didáctica para animar ao máis "preguiceiro" a converterse no máis ávido lector, ou a fortalecer a súa paixón pola lectura ao que xa a goza.

Pero, se a lectura beneficia a todos sen diferencia de idades, tamén a responsabilidade de coidar a orde e o material ha de ser responsabilidade de todos. E, facelo respectar, ofrécenos unha gran oportunidade para ir imprimindo os bos hábitos de uso, coidado e goce dos bens e zonas comúns. Así o entenden os máis pequenos, que con gran ilusión e entusiasmo apoian ao grupo de Auxiliares no mantemento da orde dos fondos.

Os máis pequenos entusiastas
axudantes dos Auxiliares

Seguide así rapaces!
Gracias polo voso apoio e o voso exemplo!


Animamos a todos e todas
a poñer o voso granito de area por unha Biblioteca máis ordenada
sen facer recaer toda a carga nas mesmas persoas de sempre.
Se é labor de todos,
unha tarefa compartida é menos pesada e máis divertida!





No hay comentarios: