14 Febreiro
Todos xuntos colaborando no "Día Internacional da Amizade"

Desde a primeira hora da mañá, pais, nais, alumnado, compañeiros... converxeron na Biblioteca para expresar a súa concepción da amizade.
En forma de poesía, uns, e en forma de pensamento, outros, os papás e mamás fixérono de modo voluntario e con gran agrado, aínda que algúns mostraron a súa timidez evitando ser retratados!
Algúns titores aproveitaron a ocasión para completar a sesión dun modo especial.


personalizada ata non deixar un oco vacío na estructura, para demostrar que todos teñen moi claro o gran valor de ter un bo amigo, o importante que é coidar coma un tesouro unha amizade verdadeira e o necesario que é facerse querer e coidar que o cariño sexa recíproco.
Marcapáxinas ao son da celebración |
E como lembranza da experiencia vivida neste día tan especial, todos puideron levar un fermoso marcapáxinas personalizable que a mesma torre lles ofrecía gracias a dous orixinais dispensadores.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes da experiencia compartida:
Gracias a todos e todas pola vosa colaboración!
En especial ás familias que, apoyando a actividade coa súa participación, axudaron a dar exemplo!
Un bonito día da amizade para todos e amizade auténtica nas vosas vidas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario