miércoles, 12 de febrero de 2020

11  Febreiro

Arranca "Ler cos teus

Noraboa gañadores!


Hai uns días invitábamos a participar nun concurso para a elección da ilustración e o título da nova campaña lectora da Biblioteca!  Noraboa! Xa temos gañador!

 Comeza ahora a 2ª parte do proceso: a que implica  á parte fundamental na formación dos cidadáns de mañá: ás familias! 

As familias saben que a lectura é importante. Pero non sempre se respeta un tempo lector e, é algo fundamental! 
Las Familias que lo deseen pueden solicitar las bases y material necesarios a la profesora Rocío
Sí. É moi importante mergullar ao neno no gusto pola lectura. Pero para logralo o mellor é servirlle de exemplo. Por iso, é recomendable establecer un tempo exclusivo de lectura compartido por toda a familia unida. Xa sexa individual (cada un lendo o obxecto do seu interese: xornal, novela...) ou conxunta (en voz alta, alternando diálogos...). O importante é que o neno se divirta lendo e ame ese momento, que non só influirá en adquirir o hábito lector senón tamén axudará a reforzar os lazos familiares.
Recoméndase dedicar como mínimo 30 minutos a facer ese paréntesis na rutina diaria para dedicarllos á lectura. E no caso do fin de semana, pódese incluso aproveitar para facer xuntos o descubrimento e a elección de novos títulos de lectura na Biblioteca Pública ou nunha librería.


Neste sentido, dende a Biblioteca, invítase a todas as familias que o desexen a participar nunha proposta singular:
acadar o título de "Familia Lectora" ,
para o que se lle esixe cumprir cun único compromiso: o de
axudar aos seu fillos-as a ser grandes lectores!
Tarefa fácil e divertida!!!


As bases e o material necesario recibiranno nestes días todas aquelas familias que desexen participar!



No hay comentarios: