13 Febreiro
Unha "Torre da amizade" e todos a cantar
A sólida Torre da Amizade está lista Espera a vosa participación |
Si hai algo fundamental na vida do ser human respeto á súa relación cos demáis, é a amizade. Os amigos, esas personas que se van cruzando no noso camiño ao longo da vida e que pese á distancia, pese aos anos de non verse, pese, ás veces, ao distanciamento por desacordos puntuales... van deixando unha huella cada vez máis profunda e van formando un "escudo protector" contra os "malos tempos" e as decepcións da vida. Tamén son ese "espacio máxico" no que os nosos éxitos cobran máis importancia ao poder compartilos. E, máis aún: son ese resorte de enerxía continua que nos impulsa nas caídas para xurdir de novo, ver máis pequenas as dificultades e acabar acadando eses éxitos que máis tarde festexaremos xuntos!
Por iso, se merecen ter a nosa atención todos os días, e tamén un día especial: o "Dia Internacional da Amizade" que mañá celebraremos dun modo moi especial.
Dende a Biblioteca, invítase a toda a Comunidad Escolar a participar!
Trátaremos de construír entre todos a máis ampla visión da amizade.
Para iso, na Biblioteca haberá colocada unha sólida torre na que todos podedes deixar a vosa "huella":
-"definindo" o que é para vos a amizade,
- escribindo unha breve oda á amizade,
No Punto Lectura Familia o material está listo para a súa colaboración |
As familias dispoñen tamén no recuncho de "Punto Lectura Familia", de todo o material necesario para colaborar facendo aínda máis "sólida a "nosa Torre da Amizade"!!!!
Animádevos todos! Contamos con vos!
Moitas
gracias pola vosa colaboración!!!!
Pilar coa súa fermosa oda á amizade |
Seguide todos o seu exemplo!!
E como é un día de alegría, na hora do recreo, estades todos convidados a unha sesión moi especial na Biblioteca, na que cantaremos á amizade con Pilar! Tenores, barítonos, amantes da festa e todos aqueles que sepan divertirse, estades convidados! Animádevos!
Esperámosvos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario