miércoles, 26 de febrero de 2020

21 Febreiro

Chegou un entroido moi galego!


Coralia y Maruja  Fandiño Ricart
Chegou precedido duns días previos de quecemento, nos que se puxo de moda o peculiar e colorido estilismo que popularizou ás irmás santiaguesas Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, coñecidas como "as Marías" ou "as dúas en punto" e en cuxo recordo se erixe, desde 1994, a popular escultura da entrada da Alameda. Estas irmás, para moitos símbolo do pobo reprimido tras o estalido da Guerra civil e nos anos da posguerra, conservaron ata o final dos seus días o costume de pasear xuntas, collidas do brazo e sempre ás dúas horas da tarde, exhibindo unha vestimenta e unha maquillaxe de esaxerado colorido que moitos interpretaron como un berro de liberdade, de non deixarse vencer pola inxusta represión, a humillación e as vexacións ás que se viron sometidas, nas décadas da súa mocidade, por mor das
 Luns un colorido pano como Maruxa 
circunstancias familiares e políticas da época.

Dona Maruxa, a maior, faleceu en Santiago en 1980 aos 82 anos. Coralia viviría entón na Coruña con outra irmá pero morrería 2 anos máis tarde coa nostalxia do apoio da súa irmá Maruxa, e os seus puntuais paseos xuntas polas rúas de Santiago.  

Martes beizos e ollos pintados
como Maruxa
Mércores: un peculiar peinado









Pola súa valentía, este ano foi Dona Maruxa a encargada de encher de colorido aulas, patios e pasillos.
De luns a mércores, un pano na cabeza, os seus coloridos beizos e ollos, e un orixinal peiteado serviron de homenaxe ao seu peculiar modo de rebelión.
Xoves, de mandil
E o xoves, para rematar a homenaxe, todos portando un mandil!! Porque debaixo do seu "personaxe" escondíase unha persoa de carne e óso con sentimentos rotos e cunha vida cotiá que non distaría da de calquera outra ama de casa, de non ser polas penurias que lle foron infrinxidas.

Aquí vos deixamos un breve resumo do colorido preludio do entroido :

Si queredes saber máis sobre as irmás e a época vivida, hai 
- un documental do ano 2013, no que poden escoitarse  relatos feitos por veciños, familiares, persoas que as coñeceron, como o mesmo autor e promotor da súa escultura da Alameda.
Este é o enlace: 
Só o dato final sobre as tumbas é incompleto. Pois desde o 2014 as entidades que se citan no documental lograron o seu obxectivo de reunilas para  a eternidade nunha mesma tumba.

- E tamén un libro, escrito por Aurea Sánchez : "As Marías de Santiago"

E como o importante é coñecer Galicia, nas clases de 3º e 4º de E.P., os nenos e nenas estiveron a estudiar moito sobre  un entroido moi peculiar:  "O entroido de Cobres", na provincia de Pontevedra, moi preto de Vigo, noutro extremo da ponte de Rande, casi.
Eles e elas fixeron un estudio moi pormenorizado das costumbres, vestimentas e demáis, e compartiranno con  todos nós, no expositor da segunda planta que estamos invitados a visitar. 
Non volo perdades!!! 
Estade atentos!!
Aquí vos deixamos un adianto: 
Nenos e nenas de 3º A preparándo
a exposición do "Entroido de Cobres"
O alumnado de 3º A distribuye
as súas funcións para
reparar a exposición






















No hay comentarios: