sábado, 29 de febrero de 2020

24 Febreiro

Todos volcados no Día de Rosalía


O 24 de febreiro de 1837 naceu en Santiago Rosalía de Castro. A súa vida e as súas obras, (nas cales quedan claramente reflectidos o seus máis profundos sentimentos) estiveron sempre ligados ás cousas e xentes da súa terra.

Para Galicia é un referente polo seu legado: deu voz ao galego e ás mulleres nun século XIX moi complicado.

Teatro Rosalía de Castro 
de Vigo 1910

Por iso, cada 24 de Febreiro, todas as asociacións culturales e institucións públicas
galegas
dentro da Comunidade  (
ou fora dela,noutros lugares da Península como na Universidade de Valencia), organizan actos de homenaxe na súa memoria: recítanse as súas máis coñecidas poesías, cántase na súa honra, fanse ofrendas florais e representacións teatrais, ofrécense charlas... e repítese o seu nome e a súa gloria en todos os recunchos da nosa xeografía nos que non falta ao menos unha rúa, avenida, praza, centro cultural, teatro ou institución local que leve o seu nome. 

En Santiago, esta longa lista de eventos se viu ampliada este ano cunha nova celebración do " Festival Rosalía". Unha Feira organizada pola área de Cultura da Deputación da Coruña  na que participan 8 empresas que fabrican e comercializan produtos coa marca "Rosalía" (camisolas, bixutería, libros, cadernos...) e na que este ano se presentaba á protagonista en forma de heroína.

Rosalía de Castro y
Modesto Brocos  paseando por Vigo

En Vigo, nunha representación teatral polas rúas, unha Rosalía de Castro "inclusiva" "regresou do pasado" cunha intérprete da linguaxe de signos e en compañía do pintor, escritor e grabador Modesto Brocos, (a quen debemos agradecer o único retrato que temos dela en vida, e que podemos ver, colgado nunha parede da súa casa de A Matanza, entre algúns dos cadros do seu fillo pintor Ovidio).
No seu recorrido polo centro da cidade, Rosalía falou cos sorprendidos viandantes sobre os temas que a ela lle preocupaban e que siguen estando en vixencia: o matrimonio, a igualdade, o traballo e a emigración. Na Rúa Real fixo parada na imprenta Juan Compañel, na que se imprimiu en 1863 a primeira edición da súa célebre obra "Cantares Gallegos".
Neste vídeo podedes ver un resumen da súa visita:
Se non podedes velo directamente, premede neste enlace: 
https://videos-cdn.farodevigo.es/multimedia/videos/2020/02/24/195652/paseo-rosalia-castro-1_m.mp4

Os asistentes tamén lle devolveron un xesto de cariño en agradecemento pola súa presencia, cantándolle o poema que lle dedicara Curros Enrríquez: " No bico un cantar":

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu…
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!
  -   Manuel Curros Enríquez

Aquí  podedes escoitar o citado poema que Curros Enríquez, lle compuxo a Rosalía, musicado polos alumnos do IES Antón Fraguas na súa homenaxe.



 Fermosa  interpretación!
Noraboa rapaces!


Para todos aqueles que non dispoñemos dun don tan apreciable como este grupo de rapaces, podemos acudir á  axuda dos seguintes enlaces, nos que podemos cantar cos nenos nun divertido karaoke inclusivo,  a poesía máis coñecida e versionada de Rosalía: "Adios ríos, adios fontes":

Ben,  co vídeo elaborado polo CEIP "Anxo da Garda" da Coruña no 2015acompañando os pictogramas  coa voz de Amancio Prada, para collerlle mellor o tono,:

Se non podedes velo premede neste enlace: https://youtu.be/Csu_5gkAitM

Ou ben, os máis osados, cun karaoke de pictogramas meramente musical sen acompañamento vocal, que ven de publicar o CEIP "Os Muiños" para este  curso  2019/20:

Se non podedes velo premede neste enlace: https://youtu.be/0LktkiqrjFc


Noraboa aos dos colexios pola súa obra!

E a pasalo ben cantando con Rosalía!!!!

Moitas gracias a nosa  compañeira Pilar
a quen non se lle escapa unha soa nova!
Gracias por manternos ao día de todo o que acontece ao noso  ao redor e en toda a nosa Comunidade!










No hay comentarios: