lunes, 25 de noviembre de 2019

25 de Novembro

"Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller" 

ou "Día Internacional para a non Violencia de Xénero".
Esta é unha xornada de sensibilización e denuncia sobre a violencia contra as mulleres ao tempo que se esixen políticas en todos os países para a súa erradicación. 
En 1993 a "Asamblea General de las Naciones Unidas", aprobou a "Declaración sobre la Eliminación de la violencia contra la mujer", definindo a violencia como "todo acto que ten como resultado posible ou real, un dano físico ou psicolóxico, incluidas as amenazas, a coerción (represión física ou moral) ou a prohibición arbitraria da libertade, tanto que se produzca na vida pública como na privada.


  • Como "borrar" a violencia de xénero?

Naturalmente unha peza clave é a educación pero, tamén o é, contar co apoio da xustiza para evitar a impunidade dos infractores e tentar cambiar o "punto de vista" da sociedade.
  • Por qué o 25 de Novembro?

Ainda que xa se celebra desde o ano 1981, no 1999, as Naciones Unidas ratificaron oficialmente o 25 de Novembro como data de celebración.
Elixiuse esta data en recordo do asesinato en 1960 das irmáns Miralba, coñecidas como "as mariposas". 


Minerva, María Teresa y Patria, llamadas las "mariposas",
porque así se daba a conocer Minerva en los círculos de lucha
  • E, quen son as irmáns Miralba?
Tres irmáns dominicanas, (Patria, Minerva e María Teresa) que, tras perder os seus pais todo o que tiñan co dictador Rafael Leónidas Trujillo, decidiron revelarse contra a súa dictadura. Feito que aproveitou o dictador, para vengarse do desdén sufrido por parte dunha delas,  ordenando a tortura e morte das irmáns.  
Sobre a súa vida existen documentáis, libros e incluso unha película.
A escritora norteamericana Julia Álvarez escribiu unha novela basada na vida das 3 irmáns:  "En el tiempo de las mariposas" ("In the time of butterfflies"), que o director, guionista e productor español Mario Barroso Ayats, actual presidente desde o 2018 da "Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España", levou ó cine . No 2009, Bélgica Adela Mirabal Reyes, coñecida como Dedé, a única irmá Mirabal que se salvou, dedicoulles o libro "Vivas en su jardín".


Entendimento, diálogo, aceptación, libertade, comprensión...
é o camiño. 
Agresión, insultos, amenazas, desprecio, control, aislamiento... 
non é ningunha  opción.



No hay comentarios: