martes, 5 de noviembre de 2019

24 Outubro

Chegou o Día!!

Despois dunha espera que se fixo infinita, a nosa mascota Leolo fixo a súa aparición invitándonos a descubrir a nosa Biblioteca.

Por fin, a Biblioteca abría as súas máxicas portas!

As acertadas palabras de Emily Dickson, invitaban a cruzar o limiar da porta deste xeito: " Para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro".

E así o fixeron os impacientes e ávidos lectores que agardaban este momento desde o mesmo setembro! Entraron nese mundo especial onde todo é posible e atoparon algunhas novas, como unha distribución diferente que a fai
Recuncho da Música
máis eficaz e espaciosa e tamén algún novo recuncho, como o "Recuncho da Música", decorado nos días previos polos seus compañeiros Auxiliares da Biblioteca, e no que os amantes da boa música, ao tempo que len, poden disfrutar duns minutos musicais moi relaxantes.


Todos os visitantes disfrutaron desta primeira festiva sesión do curso con moita ilusión e incluso non dubidaron en facer  a súa propia "Animación á Lectura".
Aquí podedes vela:


E como é natural, Leolo quixo amosarlles aos visitantes a enorme alegría que este reencontro tamén supuxo para el, ofrecéndolles un pequeno agasallo como recordo de esta alegre data: un chaveiro coa súa imaxe e o seu logo favorito: "Eu amo a Biblioteca"
Un día estupendo para os amantes da lectura, da aventura e da sabedoría durmidas nos estantes á espera de que alguén emprenda unha fermosa viaxe con elas!!!!



No hay comentarios: