lunes, 18 de noviembre de 2019

28 de Outubro

Quen dixo medo?

Unhas bruxiñas moi simpáticas
visitaron a Biblioteca
Días para non frecuentar lugares escuros, noites para cubrirse enteiro coa manta sen deixar ao descuberto nin a puntiña do nariz... achéganse as horas en que os seres máis inconcebiblemente feos, estranos e terroríficos paséanse sen o máis mínimo signo de vergoña, por rúas, prazas, oficinas, aulas e corredores terreais. Samain e/ou halloween son as datas nas que verrugas, arrugas e calquera signo antiestético cambia de signo e de "defecto inasumible e insufrible" pasa a "adorno" imprescindible para orgullo do portador, (ainda que eso sí, só no disfraz!) .
Tamén polo colexio estiveron de visita este tipo de seres: Na Biblioteca apareceron animando a ler en silencio (como para non calar co medo que daban!)
seres moi extraños habitaron
os corredores
Polos corredores víronse algúns desta guisa, que non se sabía moi ben que lles doía ou que buscaban.

Pequenas e famentas pantasmas, momias,
zombis... compartiron 
merendola
E á hora da merendola... ainda que pequeniños, vaia deles que se xuntaron para compartila!!!... Uns como comensales e outros como manxar!!
Esperpénpénticas arañas, sarcófagos,
monstruitos... conformaron o seu 
manxar


    Uuuuuu...!!! Qué medo!!!


No hay comentarios: