martes, 5 de noviembre de 2019

24  de Outubro

Novas!

Novo Proxecto implica novos fondos!  Polo que, naturalmente, non faltan os imprescindibles expositores con material para afondar no PDI de este curso: "Coñezo Galicia" .  
Tedes á vosa disposición dous expositores con algúns volumes dignos de consultar polas imaxes espectaculares que conteñen. A súa calidade (da imaxe), non só sirve para ilustrar e dar a coñecer a riqueza de Galicia en Lendas ou en Espacios Naturais, sinon que tamén cumpren a función de animar a viaxar e gozar destes lugares con tranquilidade, en familia, deixándose envolver pola súa beleza.


E como novo curso tamén inclúe novas lecturas, no terceiro expositor atoparedes algunhas das novas obras deste curso.
Ánimo e a disfrutalas!

No hay comentarios: