lunes, 18 de noviembre de 2019

25 de Outubro

Unha cita coa música na pintura e

unha percepción que son dúas: a sinestesia.

O pasado luns, o alumnado de 2º de E.P.  visitou a exposición "Sonoro Empeño" na que puido contemplar a creatividade de coñecidos xenios galegos como Castelao, o pontevedrés Rafael Úbeda, os coruñeses Urbano Lugrís, Luís Seoane e Luís Caruncho ou o ourensán Xaime Quessada entre outros, á beira de obras de artistas de fama internacional como Wassily Kandinsky ou Pablo Picasso.

Todas as obras, pertencentes á colección de ABANCA e Afundación, tiñan un nexo común: mostraban as conexións entre a música e a pintura. Ao longo de 4 seccións, os nenos
puideron comprobar estas conexións desde 4 perspectivas diferentes:

Luís Seoane
Na 1ª: "Iconografía musical", as obras contiñan escenas ou instrumentos musicais para introducir o tema.



Na 3ª: "Festas e danzas", as escenas representadas permitían asociar á pintura a idea de dinamismo, ritmo e sonoridad propios da música.

Na 4ª: ¨Música na infancia" aparecían imaxes de nenos e nenas en escenas con instrumentos musicais, dando a idea de inocencia, espontaneidade e candidez, o cal se asocia a instrumentos de timbre doce.
Pero sen duda a idea máis orixinal atopábase
Luís Caruncho
Na 2ª sección: "Sinestesia". Alí agrupadas atopábanse as obras que materializaban a experiencia de autores capaces de ver os sons e escoitar as imaxes. Alí, o alumnado descubriu e tentou experimentar o que lle ocorre ás persoas con sinestesia, un efecto moi curioso que só algunhas persoas posúen e que lles permite asociar as percepcións de dous sentidos diferentes simultaneamente. Por exemplo, poden ver unha cor cando escoitan unha nota musical, ou percibir tacto na súa fazula dereita cando saborean un alimento, ou tocar unha superficie máis suave pódelles facer sentir un sabor doce, ou perciben a cor amarela asociada ao número 7 ou á letra A, outros poden percibir a letra A de cor vermella, a S de cor amarela e a Z de cor negra... Curioso, ¿verdade? Non son meras asociacións senon percepcións e son idiosincrásicas, é dicir, cada persoa percibe uns colores/cheiros/sons, etc. concretos e diferentes, e dise que os estados depresivos tenden a aumentar a intensidade das súas sensacións.
A primeira descrición deste fenómeno realizouna o doutor Georg Tobias Ludwig Sachs en 1812. Dáse con máis frecuencia entre os autistas. Aínda que algúns tipos de epilepsia provocan tamén percepcións sinestésicas.

Como punto final os nenos e nenas de 2º puideron realizar a súa propia obra pictórica traducindo en trazos de cor as notas que escoitaban a cegas.


Se aínda non vivistes a experiencia ou xa a vivistes e queredes repetila, non esquezades que aínda estades a tempo, pois permanecerá aberta ata o 4 de xaneiro.

No seguinte enlace podedes facer unha visita virtual polas 4 seccións.
https://www.afundacion.org/es/agenda/evento/exposicin-sonoro-empeo

E nette outro enlace atoparedes un vídeo que permite 3 opcións virar, moverse ou xogar nas distintas seccións, presentado por Peragallo.es:
https://my.matterport.com/show/?m=hUD4nNCFQz3


No hay comentarios: