martes, 19 de noviembre de 2019

28 Outubro

Para asustar ao máis valente!

Na semana do terror, un gran despregamento de actividades deunos a todos a oportunidade de facernos tremer e de probar ata onde chegaba a nosa valentía!
Por unha banda, animados polo Equipo de Dinamización, os Stephen King ("It"), os Bram Stoker ("Drácula") e os Edgar Allan Poe ("The Black cat") do noso colexio, puxéronse ao choio para crear a máis terrorífica historia xamais contada.

 Por se necesitaban inspiración ou coñecementos sobre o tema, a Biblioteca abriu a súa "Espeluznante Exposición" de obras de medo, con obras para todos os niveis e graos de valentía. Ao gusto do consumidor. 




Por suposto, como todos os anos, a exposición de Halloween do Departamento de Inglés, creou o ambiente perfecto cunhas exposicións de murais e monstruitos que habitaron por todas as partes (portas, carteleiras, mesas expositoras...) cun auténtico efecto arrepiante.


 E como broche final da semana, como segundo afirma o noso fraseario popular: "Habelas hailas", formando parte do Proxecto " Coñezo Galicia" que nos ocupa este curso, todo o alumnado ávido de coñecementos foi convidado a realizar un traballo de investigación sobre os tipos de meigas, para transmitir os seus achados a todos os compañeiros o mércores 30 na Biblioteca!!
Un programa moi completo para esta semana tan peculiar!


 Noraboa a todos:
Creadores e Usuarios!


No hay comentarios: