Día Universal do Neno
O 20 de Novembro é un día moi especial para os nenos e nenas de todo o mundo: Celébrase o Día Universal do Neno.
Este ano, ademáis, coincide co 60º aniversario da primeira Declaración dos Dereitos deo Neno aprobada pola Asemblea Xeral da ONU no ano 1959 e de cumprimento obligatorio desde a Convención de 1989 para todos os países que a firmaron.
O seu obxectivo é lembrar á cidadanía que os nenos son o colectivo máis vulnerable e, por tanto, que máis sofre as crises e os problemas do mundo.
Polo tanto, sí, é un día de celebración polos avances conseguidos ao longo do tempo, pero en especial, quérese facer énfase na situación dos nenos e nenas máis desfavorecidos.
É imprescindible dar a coñecer ao alumnado os dereitos da infancia. Pero debemos de recordarlles tamén que cada dereito trae consigo un deber.
Na Biblioteca está xa disposta unha exposición de obras que podedes usar para traballar este tema, no obstante vos facemos unha especial recomendación:
Hai un libro que explica moi ben estes aspectos e é unha recente incorporación a nosa biblioteca de centro:
"Derechos y deberes de la infancia" de César Bona.
Entre toda a comunidade educativa, tentaremos afondar neste aspecto tan importante para facer conscientes aos nosos nenos da importancia dos seus dereitos e deberes e da situación que viven outros nenos coma eles.
Aquí vos deixamos os enlaces a dous vídeos por si vos son de interés: un traballa os dereitos a través dunha canción e o outro fai un pouco historia dos dereitos da infancia desde que o neno era considerado un adulto pequeno e como a tal se lle trataba ata o día de hoxe en que toda a cidadanía debe ser consciente do importante que é traballar polo seu benestar e correcto desenvolvemento.
Bo día da infancia a todos e todas!
Aviso: Para conmemorar esta data tan especial, a Biblioteca fará unha proxección dun documental sobre o tema.
Non volo perdades!
No hay comentarios:
Publicar un comentario