lunes, 4 de noviembre de 2019

21 Outubro

Comezou a conta atrás!

Así era recibido todo o alumnado á primeira hora.
Unha gran noticia que todos esperaban: a confirmación da data.
Parabéns ao afortunado que un ano máis atopou a resposta á pregunta que moitos se facían:
Por que se abre a Biblioteca o día 24 e non o 15 ou o 30? En efecto. Con obxecto de trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana, a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, apoiada polo Ministerio de Cultura, elixiron o 24 de outubro para conmemorar o día da Biblioteca en recordo da data de destrución da Biblioteca de Saraievo, incendiada o 1992 durante o conflito balcánico.

Comezou a conta a atrás!

No hay comentarios: