lunes, 25 de noviembre de 2019

20  de Novembro

Hoxe, Día Universal da Infancia, un documental para reflexionar

As actividades de Lectura, Música ou Investigación propias dunha xornada normal da Biblioteca, deron paso hoxe ao visionado de dous documentáis. Un deles axudaba aos nenos e nenas asistentes a recordar os dereitos e os deberes que estes dereitos supoñen. O outro, facía un recorrido pola importancia que a infancia tivo ao longo do tempo, desde  cando os nenos eran meros "adultos en pequeno" negándoselles a posibilidade de vivir a súa infancia dun xeito adecuado,  ata chegar a súa situación actual na que é demasiado visible a realidade que viven os nenos e nenas do mundo que non teñen a sorte de ser coma nos pese a ter, algúns, un sorriso máis sincero no seu rostro que o neno máis saciado de xoguetes ou seguridades que poidamos ver na nosas rúas ou colexios. 








Reflexión:
É importante aprender a ver cos ollos dos demáis para saber valorar de verdade o que un ten!

 

No hay comentarios: