25 de Novembro
Día Internacional para a Non Violencia de Xénero
Fundamental: educar no diálogo e no respecto desde pequeno
Segundo o artigo 1º da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, (1.948), "todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros".
A profesora Pilar co seu alumnado |
O respecto e a correcta comunicación é algo que se aprende desde pequeno, no exemplo do fogar, no colexio, nas actividades e xogos de equipo...
concienciados da importancia do tema |
pouco a pouco foron dando forma ao mural |
Por iso é fundamental traballar a igualdade en todos os aspectos: nada nos fai diferentes, nin o sexo, nin a capacidade intelectual, nin os hándicaps físicos, nin ningún outro aspecto. A dignidade non se tasa. É o valor da persoa polo feito de selo e polo tanto é un valor universal igual para todos e cada un de nos. O único que nos diferencia é precisamente o noso modo de comportarnos ante a realidade. Comportémonos, pois como compre!
Os alumnos e alumnas de 2º B, perfectamente concienciados da importancia do tema, o plasmaron claramente nun mural moi ilustrativo no que poñían de manifesto que pegar e gritar, non son opción posible nunha relación.
O vistoso resultado final enviaba unha mensaxe moi clara |
Noraboa rapaces pola vosa colaboración na necesaria labor concienciadora!
No hay comentarios:
Publicar un comentario