lunes, 25 de noviembre de 2019

15 de Novembro

O Magosto: unha festa centenaria 


En cada  provincia galega, encontramos unha prolífica lista de celebracións históricas e culturáis que lle son propias.  
Pero hai algunhas que se repiten en toda a xeografía galega.  É o caso de  "O magosto".Chegado o outono, o aroma de castañas e brasas invade o aire de todas as vilas e pobos de norte a sur e de leste a oeste de Galicia.

Sabes donde está o castiñeiro máis antigo?
Castiñeiro de Pumbariños en Manzaneda
Os castiñeiros son centenarios en Galicia . En Manzaneda (Orense) podes atopar un exemplar de mil anos de idade e case 14 metros de circunferencia !
Ainda que xa había castaños autóctonos en Galicia, dise que á súa chegada, os romanos, trouxeron unha variedade máis productiva que pasou a extenderse por toda a rexión. E nos séculos seguintes, a castaña convertiuse nun producto tan importante para a vida e a economía dos propietarios das terras (monasterios e nobres) e da dos seus arrendados que chegou  a esixirse a plantación de soutos nas terras arrendadas. Pois da árbore aproveitábase todo: a madeira polas suas excelentes cualidades e o froito, as castañas,  que as veces usábanse como pago cando se recadaban as rendas.  Por entonces, as castañas eran chamadas "o pan dos pobres".
No século XIX, moitos destes soutos desaparecen debido ás enfermedades das árbores, sobrevivindo básicamente os que atopamos actualmente nas zonas interiores de Lugo e Ourense. E debido a esta merma e desaparición, é polo que comezaron a favorecerse outros novos cultivos como a pataca e o millo.
Barriendo y bailando al final de la fiesta
Antiguamente, para celebrar o Magosto, reuníanse todos os veciños e as mulleres encargábanse de recoller e aportar as castañas e os homes aportaban o viño novo do fin da colleita para acompañalas, xa que no Magosto si as castañas asadas ao lume simbolizaban a morte, o viño novo representaba a nova vida. Ao terminar de comer e beber, acababan bailando e pintándose uns a outros a cara con cinzas.

Xogos de atención...
Hoxe en día a tradición mantense igual en todas as partes, si ben no noso cole as ricas castañas non as aportan as rapazas senon os membros do ANPA a quenes lles damos as gracias así como ás familas voluntarias que nolas deixaron tan saborosas; o baile final sustitúese por divertidos xogos donde a castaña é a protagonista; e o maquillarse de cinza mantense porque é algo tan divertido como inevitable!!
Maquillarse de  cinza,
propio do Magosto 

xogos divertidos

xogos de puntería de castaña...


xogos de relevos de castaña...
xogos de concentración de
 tríadas de castañas ...
...xogos de equilibrio con castaña, xogos de globos de castaña... en definitiva:  
Unha gran festa centenaria con moita diversión!!!



No hay comentarios: