23 Outubro
O noso Proxecto: "Coñezo Galicia!"
Este ano, o noso PDI ten por obxecto acercar ao noso alumnado á Xeografía, á cultura, á arte e a todos os aspectos que definen a sua terra: Galicia.
Como se trata dun tema moi amplo que da lugar a traballar moitos aspectos, tentamos seleccionar algúns que poden ser interesantes.
1º Trimestre trataremos de:
- Coñecer que Galicia foi unha comunidade de emigrantes.
Aquí invitamos a todas as familias a visitarnos para relatar aos nenos a súa propia experiencia de emigración ou a que lle foi transmitida por algún familiar achegado. Ou ben a amosar imaxes relacionadas coas partidas ou chegadas dende o outro lado de calquera das súas fronteiras.
Aquí invitamos a todas as familias a visitarnos para relatar aos nenos a súa propia experiencia de emigración ou a que lle foi transmitida por algún familiar achegado. Ou ben a amosar imaxes relacionadas coas partidas ou chegadas dende o outro lado de calquera das súas fronteiras.
- Persoeiros galegos actuais : persoas que lle poidan resultar máis próximas do mundo das letras (coma os escritores vigueses Ledicia Costas, An Alfaya, Aontonio García Teijeiro que tan asiduamente nos visitan), do mundo do cine, (coma os actores/actrices galegos Luis Tosar, María Castro, a viguesa Alicia Borrás Sanjurjo (quen ademáis de profesora de teatro e escritora é tamen actriz de doblaxe)), do mundo da música (coma o vigués Carlos Núñez)...
No 2º Trimestre, involucraremos ao alumnado no coñecemento de:
- Arquitectura típica galega (cruceiros, hórreos, pazos...)
- Lugares emblemáticos (Catedral de Santiago, Torre de Hércules...)
- Lugares non tan coñecidos (Refuxio dos Verdes en Carballo)
- Festa popular: Entroidos galegos (Verín, Laza...)
Para rematar no 3º Trimestre coa:
Este apartado estaría relacionado co coñecemento de empresas importantes da comunidade así como produtos típicos, saber localizalas nun mapa e coñecer algo sobre elas (Inditex, mundo audiovisual, a TVG, Pementos de Padrón, o queixo de Arzúa...)
Para facilitar o traballo, se vos facilita un enlace a unha presentación interactiva coa que podedes seguir o proxecto na aula dun xeito moi doado:
https://view.genial.ly/5d93ba00236d640f582899f0/learning-experience-didactic-unit-pdi-conezo-galicia
A disfrutar coñecendo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario