16 de Novembro
Día Internacional da Tolerancia
A tolerancia, non é indulxencia nin é indiferencia. É respecto e é saber apreciar a riqueza e variedade das culturas do mundo e as distintas formas de expresión dos seres humanos.
Así o aclara a UNESCO na súa "Declaración de Principios sobre la Tolerancia" de 1995.
A Declaración describe a tolerancia non só como un deber moral, senón como un requirimento político e legal para os individuos, os grupos e os estados.
As Nacións Unidas comprometéronse a fortalecer a tolerancia mediante o fomento da comprensión mutua entre as culturas e os pobos. Neste tempo no que se observa un menosprezo da vida humana, practiquemos a Tolerancia, escoitemos con tolerancia, opinemos con tolerancia.
Que a tolerancia prevaleza no noso pensamento, nas nosas obras e nos nosos actos.
E en caso de dúbida, non esquezamos que
non hai unha única razón, senon varios modos de ver unha mesma verdade.

Feliz Día e Sede Tolerantes!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario