5 de Novembro
19 matrículas de honor. Premio extraordinario de licenciatura
Estes días anunciouse que pronto o edificio da Audiencia próximo ao noso colexio (vémolo desde o patio), será transformado nun centro integral de saúde (CIS) que levará un nome moi peculiar: o da doutora Olimpia Valencia. Pero, quen é dita doutora?En Vigo, na parroquia de Oia, xa se encontra unha rúa dedicada ao seu nome: rúa de Olimpia Valencia.
Olimpia Valencia, foi a primeira galega en licenciarse en medicina e primeira en exercer como ginecóloga, dado que aínda que o seu desexo era especializarse en neumología, daquela non estaba ben visto que as médicas tratasen a homes, por iso, a ginecología foi a súa única opción. E ainda que pese ao seu brillante expediente académico non o tivo fácil, a súa gran profesionalidad permitiulle gañar o respecto dos seus pacientes e dos seus propios compañeiros de profesión.
Olimpia na inauguración da súa clínica en Vigo no ano 1928 |
Olimpia Valencia |
Placa en su casa de la calle Príncipe |
Pese a haber nacido en Ourense no ano 1998, viviu con seu pais en Vigo desde pequena. Por iso en 1928, inaugurou aquí en Vigo un consultorio de medicina xeral e de ginecología. No ano 1930, foi unha das fundadoras da Academia Médico Quirúrgica de Vigo , institución da que chegou a ser vicepresidenta uns anos más tarde. Traballadora incansable, ainda que se xubilou nos anos 60, continuo traballando no seu consultorio particular ata algo máis dos oitenta anos, falecendo en xullo de 1987 aos 89 anos.
Un bo exemplo a seguir o, ao menos, un dato do que sentirnos orgullosos como vigueses!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario