martes, 14 de abril de 2020

14 Abril

Todos Xuntos, a cantar: "Todo sairá ben"!


Di o sabio refrán:  "Quen canta os males espanta"!
Todos xuntos imos espantar a tristeza de estes días, enchendo a casa de alegría e música, unidos nunha mesma canción da que todos vos sodes coautores e agora intérpretes coa colaboración da profe Elsa : 

    Estimadas familias:

    Dende o Equipo de Biblioteca, convidámosvos a escoitar a canción "Todo sairá ben", que a profe Elsa compuxo coas achegas de poemas de compañeir@s e mestres. Gustaríanos que nos enviásedes un pequeno vídeo de 20-30 segundos bailando ao son da canción, cociñando, facendo as tarefas do cole ou da casa, ou cunha palabra do poema escrita nun folio. Cadaquén pode facer o que máis lle guste. É importante que a gravación se faga en horizontal e a máxima calidade posible. A quí tedes o enlace para escoitar a canción:

      https://soundcloud.com/user-813378650-809069199/todo-saira-ben


     Podedes enviar os vídeos ao correo chouzovigo@gmail.com  co nome do neno ou nena e o curso.
     Animádevos a participar!!! :-)
     Moitas grazas por adiantado pola vosa axuda e colaboración. Un saúdo!!!!
  
 Ánimo!!  
Todos xuntos mellor!







No hay comentarios: