jueves, 2 de abril de 2020

2 Abril

"Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil"  e  Hans Crhristian Andersen


Co fin de promocionar a lectura entre os máis novos, desde 1967, quedou establecido o 2 de Abril como o "Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil".
Elixiuse esta data por coincidir co nacemento do danés Hans Christian Andersen, un dos grandes xenios da literatura universal, ( Odense, Dinamarca, 2 de Abril de 1805).
Hans Christian Andersen
Algúns apuntamentos sobre o gran contador de contos: Aínda que escribiu máis de 160 contos e é famoso por eles, tamén escribiu novelas, poesía, teatro, unha autobiografía ("A aventura da miña vida", 1855) e valiosos libros de viaxes nos que relata as vivencias do seu paso por diversos países. Tamén á súa viaxe a España, en 1862, dedicoulle unha obra. A cidade de Málaga levantoulle un monumento na súa honra con motivo da súa visita. Aínda que non foi a única cidade en facelo, as súas estatuas ou as dos protagonistas dos seus contos están diseminados por todo o mundo. No porto de Copenhague (a cidade onde se converteu en escritor), atópase a famosa “ Sirenita” do seu conto convertida en icono da cidade, na chinesa Shanghái inaugurouse en 2006 un parque temático baseado nos contos de Andersen, no Central Park de Nova York, Andersen descansa sentado nun banco á beira do seu “ patito feo”, lendo os seus contos aos visitantes, e así un longo etc. que ilustran a universalidade da sús obra.
"La Sirenita", icono de Copenhague
  
Hans Christian Andersen y su
"Patito feo" en el
Centralk Park
de New York
Andersen en Málaga con su maleta
en la que se dice 
llevaba siempre una
cuerda para 
descolgarse  por la
ventana en caso de incendio.
Por su visita en 1862






A historia de Andersen proporciónanos grandes leccións de vida. Cóntase que naceu nun fogar tan humilde que non lle faltou ocasión para mendigar ou durmir na rúa. Aos 8 anos perdeu ao seu pai e abandonou a escola. A súa formación se truncou pero aínda neno, aproveitaba para ler todo o que caía nas súas mans! Aos 14 anos trasladouse a Copenhague, sen medios económicos, cun soño: ser cantante de ópera. As súas calidades levaron ao director da Real Academia Danesa de Música a financiar os seus estudos, pero debido ás condicións inadecuadas nas que vivía perdeu a voz. O seu soño fracasou.
Casa de Hans Christan Andersen
en Odense, hoy convertida en museo.
Entón, sen pretendelo, a súa imaxinación e creatividade espertaron o interese do director do Teatro Real de Copenhague, amigo do rei Federico VI, quen financiou os seus estudos para que finalizase a escola. Alí era infeliz nun ambiente hostil, pero aproveitou a oportunidade que se lle daba esforzándose ao máximo e logrou finalizar os seus estudos con boas notas. O seu novo soño foi entón converterse nun famoso dramaturgo. Non logrou o seu soño destacar polas súas novelas pero converteuse nun prolífico autor cuxa obra é unha das máis traducidas (a máis de 80 idiomas) e serviu de inspiración a películas, obras de teatro e ballets.

É un gran exemplo de que podemos utilizar as circunstancias que nos toca vivir como excusa para non facer nada ou podemos, como fixo él, loitar por cambialas e loitar polos nosos soños. E se non se cumpren, non todo está perdido pois sempre podemos desenvolver os nosos outros talentos. Para iso, tamén nos mostra o importante que é esforzarnos ao máximo na nosa formación e o importante papel que nela desempeña a lectura. Se tras abandonar a escola, non houbese perseverado en ler todo o que atopaba, non podería poñer de manifesto a súa imaxinación e creatividade, e polo tanto, ninguén lle habería tendido unha oportunidade. Desempeñaría entonces calquera outro oficio, pero non vería cumprido o seu soño de ser un importante escritor.
A súa extensa obra abarca máis de 160 contos: La sirenita, La pequeña cerillera, La princesa y el guisante, El patito feo, El soldadito de plomo, El traje nuevo del emperador, El ruiseñor... Din que algúns deles (“El patito feo” , “El soldadito de plomo”, “El ruiseñor”,“La pequeña cerillera” na que se ve reflectida a historia da súa nai,...) son reflexo das súas inquietudes persoais, as súas decepcións... pero a verdade é que, certo ou non, o importante é que as súas obras: seguen vivas xeración tras xeración.

Xa vedes, un universal escritor e unha vida que nos aspectos de dureza, serve de exemplo de esforzo e superación.

Seguide o seu exemplo:
estudade moito e non olvidedes ler moito tamén!



No hay comentarios: