viernes, 3 de abril de 2020

3 Abril

Canto sabes de Harry Potter?

Eres aprendiz o xa mestre na materia?
Esta serie máxica xa vai pola 8ª entrega: 
 .     1.      Harry Potter y la piedra filosofal 26 de junio de 1997
2.     Harry Potter y la cámara secreta  2 de julio de 1998
3.     Harry Potter y el prisionero de Azkaban 8 de julio de 1999
4.     Harry Potter y el cáliz de fuego  8 de julio de 2000
5.     Harry Potter y la Orden del Fénix  21 de junio de 2003
6.     Harry Potter y el misterio del príncipe  16 de julio de 2005
7.     Harry Potter y las reliquias de la Muerte  21 de julio de 2007
8.     Harry Potter y el legado maldito 30 de julio de 2016

Cantas liches? Xa as coñeces ben?
Aquí vos deixamos un xogo que o informático do noso colexio vos fixo con moitísimo cariño, para descubrir cánto sabedes sobre Harry e qué preto estades de ser mestres no tema!



Osados aventureiros, adiante e a por todas!

E tanto se comprobastes  que sabiades tanto como pensabades como si vos decepcionastes un pouco co resultado, aquí tedes unha boa noticia:

Os amantes do mundo máxico de Harry Potter, estades de sorte!

J. K. Rowling tamén quere facervos estes días máis agradables, polo que se une á causa abrindo un portal gratuíto no que poderedes atopar vídeos de manualidades máxicas, artigos divertidos para entender o universo máxico, cuestionarios, crebacabezas, xogos, guías para aprender a debuxar algúns dos seres, como o escarbato ou Niffler, pasatempos como sopas de letras, unha guía para ler os libros de Harry Potter por primeira vez e todo tipo artigos, puzzles e probas de coñecemento sobre a serie, que vos asegurarán diversión por milleiros: “Harry Potter at Home
Este é a súa ligazón:
https://www.wizardingworld.com/collections/harry-potter-at-home

E para aqueles que aínda estades a dar os primeiros pasos no fantástico mundo de Harry, unha sorpresa: durante este mes de Abril, poderedes descargar gratis o libro da primeira entrega da serie: Harry Potter e a pedra filosofal . Totalmente gratuíto! O audiolibro podedes descargalo a través da plataforma Audible de Amazon. E aqueles que gozades saboreando a lectura ao voso ritmo, podedes descargar o libro electrónico da libreía OverDrive.
Non volo perdades!



No hay comentarios: