22 Abril
A xogar! Cap. II "Os Muiños galegos"
Estades Listos? Chegou a segunda entrega para coñecer Galicia!
Hoxe, imos falar dos
muiños. Eses lugares máxicos tan importantes antaño paras as vidas das xentes do
seu arredor.
Inspiradores de cancións,
poemas, lendas e novelas nos seus
tempos de esplendor e agonizantes e destartalados hoxe, tras a irrupción da electricidade que
fai o traballo máis rápido, menos penoso
pero, tamén, con menos encanto. Atrás
quedou o feiteceiro runm-rum das súas moas esmagando o gran, o sonoro triqui-traque do tarabelo sumerxido no sonsonete cantarín do torrente da auga que o
facía funcionar, aquela complicidade coa luz da lúa para facer nas quendas nocturnas os
serpenteantes sendeiros voltando de
vagar cargando aqueles preciados sacos de maná.


Pero, o certo é, que o que agora xa non serve, pasa a cobrar importancia
non polo que é senon polo que foi. Agora non son muiños, pero son patrimonio,
testigos dun modo de vida ancestral.
![]() |
As "aceñas" ou presas serven para desviar a auga do río hacia a canle que ha de conducila ata o muiño |
Canto sabedes sobre o tema?
Agrupade a vosa Familia e... A xogar!
Estade a tentos a todo o que poidan contarvos ao respeto
os vosos avós, tíos, papá, mamá...
Canto máis aprendades, mellor!
Ánimo!
Cómo foi, campeóns?
Seguro que xa sabiades todo!
Ánimo, e atentiños a terceira entrega:
A xogar! Cap. III "As pontes e as fontes"
No hay comentarios:
Publicar un comentario