2 Abril
"Pequeno Premio Nobel de Literatura Infantil": O "Premio Christian Andersen" do IBBY.
![]() |
Cartel de Damijan Stepančič para el Día d la Literatura Infantil 2020 |
Ao principio, a sección nacional sobre a que recaía a honra, debía elixir un escritor representativo do seu país para elaborar unha mensaxe que se dirixiría a todos os nenos do mundo. Anos despois incorporouse tamén a elección dun ilustrador que se encargaría de elaborar un cartel para promover a celebración deste Día tan importante nas Bibliotecas, centros escolares, librerías... de todo o mundo.
Este ano, correspondeu a promoción do "Día Internacional da Literatura Infantil" á sección de Eslovenia e esta, elixiu ao seu escritor Peter Svetina para escribir a mensaxe e ao seu ilustrador Damijan Stepančič para elaborar o cartel.
Peter Svetina titulou a súa mensaxe: “Fame de palabras” e nel destaca a idea de que todos necesitamos saciar a necesidade de alimentar o corpo, pero “as palabras nos poemas e nos contos son o alimento para o espírito e para a alma” e saciar esta necesidade é tan importante como saciar a corporal.

Entre os finalistas deste ano 2020, atópase a española Elena Odriozola. Nesta ligazón podedes acceder ao vídeo de finalistas facilitado polo IBBY. O diálogo de Elena aparece ao final do vídeo:
https://www.youtube.com/watch?v=8gbY-CB05kI
![]() |
"Lista de Honor" IBBY 2018 paralela al Premio, se elabora cada 2 años |
Entre os nomeados pola sección española para a "Lista de Honra" do IBBY 2020 figuran dúas obras da editorial viguesa Kalandraka:
Na categoría de autor: a tradución “ Pippi Meediaslongas”en galego realizada por David A. Álvarez do orixinal sueco de Astrid Lindgren
e na categoría de ilustrador: as ilustracións realizadas por Federico Delicado para a obra “Unha longa Viaxe” de Daniel Hernández Chambers.
![]() |
Autor nominado para la "Lista de Honor IBBY 2020" |
![]() |
Ilustrador nominado para la "Lista de Honor IBBY 2020" |
Sorte a todos e, sobre a todo, a Elena, David A. Álvarez e Federico Delicado, naturalmente!!!
Aínda que figurar como candidatos xa é un premio!!
Parabéns!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario