2 Abril
Balcóns azuis no "Día de Concienciación sobre o Autismo" e máis comprensión e apoio as familias.

Albert Einstein, Isaac Newton, Amadeus Mozart… son só algúns
exemplos de nenos aos que custou sociabilizar e que, con todo, a pesar dunha longa existencia de illamento no seu mundo interior deron chegado a ser grandes xenios.
Neste enlace podedes ver a vida de Benjamín, un neoyorquino de 23 anos que soña con ser productor ou director de cine e que alternando co seu traballol xa ten feito máis dun curto.
Él é só un simple exemplo máis que mostra a gran capacidade destas persoas. Porque o autismo non vai asociado a unha incapacidade intelectual sinon a unha dificultade para comunicarse e entender o mundo exterior, polo que precisan gozar dunha maior empatía e capacidade para conectar co seu mundo interior por parte daqueles que o rodean.

Estes días de illamento, son especialmente duros
para estas persoas habituadas a unhas rutinas de cumprimento estrito que agora
ven imposibilitadas pola corentena. As súas casas se ven invadidas polo seu
gran silencio e as súas familias atopan dificultades en realizar uns paseos que
os especialistas consideran terapéuticos,
pola incomprensión dalgúns veciños ignorantes da situación que eles
viven.

No seguinte enlace podedes ver as imaxes dos edificios e monumentos que responderon á proposta LIUB no 2018:
https://youtu.be/x-xxgzHhHl0
A Confederación de Autismo de España propón sumarse a este
reto iluminando ás 21 h, (despois dos aplausos solidarios), as xanelas ou balcóns cunha luz azul ou o móbil aceso, e compartir unha foto ou vídeo en redes sociais cos hastag # LIUB e # DíaMundial Autismo.
Todos á ventana e ao balcón!
Vai por todas estas familias!
Por outra banda, o lema desta ano 2020 é:
“Podo APRENDER. Podo TRABALLAR”.
“Podo APRENDER. Podo TRABALLAR”.

O noso apoio a todas as familias!
No hay comentarios:
Publicar un comentario