domingo, 26 de abril de 2020

26 Abril

COLABORANDO DENDE A DISTANCIA CON Mº DEL MAR MARÍN, AUTORA DE "ABUELITA, ¿ERES TÚ?"


No mes de setembro, o alumnado de 6ºA coa súa mestra Rocío fixeron unha actividade entrañable para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer que se celebrou o 21 de setembro, contando para iso co conto “Abuelita, ¿eres tú?
"Caixas de recordos" elaboradas
polo alumnado de 6º A
A través dos ollos de María, vemos a evolución da relación coa súa avoa Antonia. Vemos o cambio de visión que se produce, pouco a pouco, na súa vida debido a unha terrible enfermidade como é o Alzheimer.
É por iso que os nosos nenos e nenas se aventuraron, naquel momento, a crear unhas caixas de recordos para que toda a comunidade educativa depositara os seus recordos nelas. Eses recordos aos que nos queremos aferrar e non queremos esquecer. Houbo caixas por todo o cole, nos relanzos, na secretaría, na sala de mestres... E que grazas a todos, se foron enchendo deses recordos.
Recordando esa actividade co día do libro tan presente, a mestra Rocío, púxose en contacto de novo coa autora, Mª del Mar Marín, nada nun pequeno pobo de Granada. Apesares da distancia que as separaba, a Mª del Mar encantoulle tanto esta iniciativa que nos quixo mandar un pequeno vídeo en agradecemento pola iniciativa dos nosos nenos e nenas.
Tanto Mª del Mar como a mestra Rocío concordan en que o mellor regalo que lle podemos dar aos nosos avós, estean enfermos ou non, é o noso amor e cariño. Neste tempo no que moitos de vós vos atopades lonxe dos vosos para protexelos e coidalos, seguro que os estades botando moito de menos e estades desexando darlles unha aperta.

Dende aquí queremos agradecerlle a Mª del Mar as súas palabras e darlle as grazas polo seu traballo e esforzo.

No hay comentarios: