sábado, 25 de abril de 2020

23 Abril

"Día del Idioma Español" o "Día de la Lengua Española en las Naciones Unidas"


Coñecemos o 23 de Abril (data da morte de M. de Cervantes e de W. Shakespeare) como o Día do Libro, pero esta data foi elixida tamén polas Nacións Unidas para celebrar o "Día del Idioma Español" ou "Día de la Lengua Española en las Naciones Unidas".
Con iso pretende apoiar os programas e o desenvolvemento do Multilingüismo e Multiculturalismo e, ao mesmo tempo, facer conscientes aos seus funcionarios e ao mundo en xeral, da historia, a cultura e o uso do español como idioma oficial.

Os idiomas oficiais das Nacións Unidas, é dicir, aqueles nos que este Organismo emite os documentos oficiais son: Árabe, Chinés, Inglés, Francés, Ruso e Español. E dado que Cervantes e Shakespeare comparten data de defunción, ambos idiomas (Español e Inglés), comparten tamén o seu Día oficial de celebración.

Desde hai máis de 300 anos, (se fundou no 1713 gobernando Felipe V), a Real Academia Española ( RAE), traballa polo desenvolvemento, regulación e conservación do idioma (establecendo regras, aceptando novos conceptos...).
Pero, cal é o noso coñecemento do idioma?
B ou V? G ou J? H ou non?...  Atréveste a comprobalo?



Qué tal? 
 Cómo foi campeóns e campeonas? 
Estamos seguros de que foi moi ben!
 Ánimo!





No hay comentarios: