18 Abril
Dia Internacional de Monumentos y Sitios repasando o noso rico patrimonio cultural galego
Vivimos no 3º país máis rico en patrimonio cultural da Unesco.
Pero sen facer de menos ás grandiosas construcións e os espectaculares paraxes como os canóns dos Pirineos, a Alhambra, o Acueducto de Segovia, o Teatro de Mérida... a nosa terra, Galicia, non é precisamente orfa de espacios e bens protexidos (e algúns descoñecidos), coa mesma espectacular beleza!
Hórreo de Carnota e Palomar |
Por toda a xeografía encontramos construccións típicas como:
- Os hórreos de Combarro que delimitan a línea da costa, o hórreo máis longo de Galicia de Armaño ou o de Poio, ou de Carnota que imprimen identidade aos seus pobos
- Os cruceiros como o de Hío, ou o de Cotobade que pola sús singularidade son un referente universal.
- As pontes que, ao longo dos séculos non só serviron de medio de conexión dos pobos senon tamén de mostra da virtuosidade dos seus autores.
- As catedráis, monasterios e santuarios que "deron vida" aos pobos co bulir das xentes que ao reclamo da alegría das súas romerías, ou no silencio e reflexión de peregrinacións, marcaron o seu paso co ir e vir polos seus camiños, rúas es sendas.
- As fontes, punto de reunión e, antaño, único recurso para suministrar o vital elemento aos cidadáns e aos aguadores nas cidades desprovistas por aquel entón dun sistema de suministro. E, tamén, elemento decorativo e hasta icono das cidades que compiten hoxe en día por presumir da súa innovación e modernidade.
- Os muíños....
Cruceiro de Hío |
Tamén podemos disfrutar de lugares de espectacular beleza, remansos de paz, ou ubicación única... que nos invitan a ser coñecidos e visitados:
Aquí vos proporemos un xogo para ir repasando e ampliando os vosos coñecementos sobre o noso rico patrimonio. Atoparedes algúns elementos que todo o mundo debe coñecer, outros que a algúns vos gustaría coñecer e outros que ninguén coñece pero que poderían formar parte do voso próximo proxecto de viaxe en canto todo volva a ser "casi" como antes.
Ánimo, compartide voso saber coa vosa Familia e aproveitade a ocasión para ampliala cos seus coñecementos e experiencias respeto a cada un dos elementos. Adiante!
No hay comentarios:
Publicar un comentario