13 Abril
Un novo reto!
Bos días todos
campeóns e campeonas!
Entramos en Tempo Pascual e tamén na 5ª semana de corentena.
Un mes xa superado! Incrible!
La luz de Nuestro I Torneo sigue encendida, así que, hay que practicar mucho! |
Nestes días tan
especiais, aconsellámosvos desde o principio que aproveitásedes ao máximo o ter á vosa familia ao
voso lado, o dispoñer de moitas horas para ler, o gozar de tempo para realizar
xuntos todas esas cousas que normalmente polo horario de colexio e o de
traballo da vosa familia non podiades realizar...
Hoxe vou propoñervos algo
máis! Retos de Axedrez!
Os afeccionados seguro que xa aproveitastes estes longos días para
practicalo! Se non é así, poñervos as pilas, porque non hai mellor práctica
para pasar horas tranquilo desenvolvendo a vosa capacidade mental e ao tempo a
vosa capacidade de reflexionar ante os problemas imprevistos con serenidade, sen
reaccións impulsivas drásticas! Como xa vos dixera, orixinouse na India alá polo s. VI. Tras a invasión, adoptárono
os persas. E posteriormente occidente no s. XV. Xa en 1.497, Luís Ramírez de Lucena publicou en Salamanca un libro contendo 150 xogos de Xadrez!
Xa vedes, hai séculos! Aínda que a primeira competición oficial non
se celebrou ata 1886.
Recordad: el tablero se coloca con la casilla blanca a la derecha de cada jugador, con Reina en casilla de su propio color y Rey en casilla color contrario. |
Hoxe, é considerado un deporte, regulado pola Fide, e celébranse competicións individuais e por parellas. Pero, a diferenza doutros deportes cuxa práctica require un espazo físico específico ou dunha amplitude determinada ou unhas condicións físicas concretas, o xadrez, só require vontade e ilusión, pois pode xogarse só (aínda que o ideal é en parella!), sen máis espazo de xogo que un taboleiro de mínimas dimensións que ata nos mesmos podemos pintar e que podemos desplazar connosco levándoo na mochila!!!
Isto, sumado á súa dimensión educativa e terapéutica, faino un xogo non só apto senón aconsellable para todo o mundo. Máximo para aquelas persoas con alto índice de impulsividad, impacientes, incapaces de tomarse uns segundos para orientar as súas respostas ou as súas reaccións antes de manifestar consecuencias drásticas.
Ben, para facer máis emocionante a práctica, irei propoñéndovos unha
serie de xogadas de profesionais! (😃😃!) para que as resolvades como reto, sós ou en
complicidade coa vosa familia!
Este é o reto de hoxe:
No hay comentarios:
Publicar un comentario