miércoles, 1 de abril de 2020

31 Marzo

GaliciaLe. Lectura gratis para todos os gustos e todas as idades


Nestes días  que debemos permanecer na casa, o tempo pasou a estar a nosa disposición e non ao contrario como antes. Temos tempo para facer moitas cousas, como por exemplo, ler con tranquilidade. Pero tal vez nos pillou un pouco desprevenidos, sen suficientes lecturas na casa para un periodo tan largo.
Non é problema
GaliciaLe, plataforma de
libros electrónicos
Non olvidedes que podedes seguir contando co servicio de lectura de libros electrónicos a través de internet  da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.  Á oferta de  obras en castelan que hai tempo comezou ofertando a través de eBiblio, uniu un amplo número de obras en galego  
Nestes días, sensibilizada con este período de crisis sanitaria, pon a disposición daquelas persoas que aindan non teñan carné da Biblioteca, a posibilidade de rexistrarse agora  desde a casa para acceder á lectura, e pasar máis tarde a facer o carné nun plazo de 30 días despois de finalizado o confinamento.
Os que xa son usuarios xa coñecen as ventaxes deste servicio de préstamo dixital e como funciona.
Para os que non o coñecen ou nunca o usaron, é moi fácil. Só tedes que acceder á paxina (no enlace que vos deixamos),  e rexistraros na plataforma GaliciaLe. Unha vez feito, tedes a vosa disposición os dous catálogos, (o de obras en castelán (eBiblio) e o de obras en galego), no que encontraredes títulos de todos os xéneros e para todas as idades. (Os dispositivos móbiles deben ter descargada a App eBiblio)
Non ten pérdida pero, por si acaso, a plataforma pon a vosa disposición uns tutoriais de uso
Aquí vos deixamos o enlace da plataforma GaliciaLe: https://www.galiciale.gal/

O último paso xa é:
Disfrutar da lectura elexida no voso ordenador persoal, no voso móvil, lector de libro electrónico ou tableta.

  Xa non hai excusa para non ler!




No hay comentarios: