jueves, 19 de diciembre de 2019

No Nadal, lecturas a raudal!

"Un niño que lee es un adulto que piensa", "La lectura te permite viajar a lugares inimaginables"...
Son moitas as frases feitas que versan sobre a importancia da lectura.
Aos que xa son ávidos lectores non hai que facerlles ver os beneficios dos libros porque eles por sí memos xa os "devoran".
É a aqueles que ainda non lle encontraron o gusto á lectura a quenes debemos convencer. E iso non é fácil se o que se lle presenta non é para nada do seu agrado.
Primeiro hai que facilitarlles cousas que os atraian e que lles fagan querer saber máis. É moi importante saber elexir qué tipo de lectura dar a cada neno.
Por outra parte, é tamén moi importante facilitarlles un exemplo a seguir: se nadie na casa le, por que habería de ler él? Difícil convencelo. Decía Cicerón que un fogar sen libros é un fogar sen alma. Un neno que crece rodeado de libros e de persoas que adican un momento ó día para ler, é un neno que imitará aos adultos e querrá ler coma eles.
Deixemos un oco do noso tempo á lectura!
Como todo momento é bo para mercar un bo libro, ou visitar a Biblioteca máis próxima para pedilos prestados ou nestas datas, pódense incorporar á lista das súas maxestades os Reis Magos, aquí vos presentamos algunhas suxerencias de lectura para estes días de Nadal.


Un Nadal cheo de grandes e divertidas lecturas !

No hay comentarios: