miércoles, 25 de diciembre de 2019


Xaneiro chegará cheo de novidades! 

Auxiliares, usuarios, titores... Atentos ás novas! 

A Biblioteca estrea novas seccións! Pero non vos preocupedes porque todo estará perfectamente sinalado para que o voso camiño de búsqueda non ofreza complicacións!
En pro dunha maior eficacia e menor perda de tempo á hora de buscar e localizar obras importantes nun mar de fondos que a miúdo, cando se buscan, áchanse "xogando ao escondite" entre os diversos andeis adxacentes, veredes que:
Aos "DNI" (=Tejuelos e etiquetas de cores) dos libros ata o de agora coñecidos: 
83 azul celeste para prelectores,
85 amarelo para lectores avanzados, etc.

Únense agora un
39 violeta que vos servirá para identificar temas relativoa á Igualdade e un
37 rosa con diversos formatos co que poderedes identificar aquelas obras coas que poderedes traballar a Inclusividad.

Estas novas etiquetas de cores permitiranvos identificar os novos fondos e os xa existentes.


No hay comentarios: